As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola baixada dos becerros de recría de cruce industrial. Os de raza Frisona e o vacún maior aguantaron mellor os prezos.
Así, nos becerros de recría de cruzamento industrial, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 290 euros; a 294 € os de 21 a 50 días, e a 377 euros os de máis de 50. A pasada semana os prezos foron de 319, 328 e 450 €, respectivamente.
En canto aos tenreiros de Frisona, os de menos de 20 días baixaron e pagáronse a unha media de 91 euros; a 122 € os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, e a 145 euros os de máis de 51. A pasada semana os prezos foron de 106, 125 e 143 €, respectivamente.
No vacún maior os prezos tamén se mantiveron con leves oscilacións respecto aos da pasada semana. Así, en Categoría Primeira pasaron de 1.073 euros a 1.107 €, mentres que as vacas de Segunda, a categoría máis numerosa das tres, pagáronse a unha media de 701 €, 3 máis que a pasada semana. As vacas de desvelle pagáronse a unha media de 425 euros de media, fronte aos 430 do pasado martes.
As cotizacións quedaron do seguinte xeito:
Estabilidade en ovos e coello
Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos das dúas últimas semanas. Deste xeito, a ducia de ovos quedou nos 1,57 € para os XL; 1,35 € a ducia para a categoría E; 1,21 para a M, e 1,06 € a ducia para os de clase S.
Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, o prezo mantívose nos 1,60 €/kilo.
Baixada no porco cebado e suba do leitón
En porcino, a mesa de prezos acordou unha semana máis baixar as cotizacións unha media do 0,02% nas categorías Normal e Selecto, e un 0,026% na Canle II. Nos principais produtores de porcino da UE, Alemaña e Holanda, a baixada aínda foi máis forte: un 0,06%.
En canto aos leitóns acordouse manter os prezos da pasada semana, de xeito que quedaron nos 24,5 euros os procedentes de varias explotacións e nos 29,5 euros os procedentes dunha única explotación.
As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito: