Administración convocante: Consellería do Medio Rural
Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170112/AnuncioG0426-271216-0006_es.pdf
Prazo: Ata 16/03/2017
Resumo:
A Consellería de Medio Rural convocou unha liña de axudas para investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais para o ano 2017. O orzamento destinado a esta convocatoria é de 9,6 millóns de euros.
Os posibles beneficiarios destas achegas son todas aquelas pequenas e medianas empresas do sector forestal radicadas en Galicia e inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).
Actividades subvencionables
Poderanse subvencionar os investimentos para promover a valorización e a comercialización de produtos derivados dos aproveitamentos forestais; así como os investimentos en maquinaria e equipos para o aproveitamento dos produtos forestais.
Tamén os custos relacionados coa mobilización, comercialización e transformación da madeira, incluídas as operacións de traballo antes do aserrado industrial nunha fábrica de aserrado (aserrado móbil ou fixo a pequena escala).
Será ademais obxecto de subvención a implementación de plans empresariais con criterios de xestión forestal sostible e a posta en marcha de cadeas de custodia dos sistemas de certificación forestal. En calquera caso, a axuda máxima por solicitante limitarase a 150.000 euros.
Hasta cuanto es la subvención
Puede solicitarse hasta el 16 de marzo.