Axudas para a creación de organizacións de produtores

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180416/AnuncioG0426-050418-0001_gl.html

Prazo: Ata 16/05/2018

Resumo:

Medio Rural destina un total de 1,5 millóns de euros para a creación de organizacións de produtores. As axudas van dirixidas a financiar a constitución e o funcionamento das organizacións de produtores durante un máximo de cinco anos, con un límite por organización de 100.000 euros anuais.

Tamén se establece como tope que a axuda non pode superar no primeiro ano o 10% do valor da produción comercializable pola organización de produtores. Ese límite vaise reducindo cada ano ata o 6% na última anualidade de axudas.

Poden optar a esta axuda as organizacións de produtores de calquera sector a excepción do porcino e do avícola, debendo estar oficialmente recoñecidas polo Ministerio de Agricultura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *