Axudas aos plans de reestructuración e reconversión de viñedo

Publicidade

Administración convocante: Xunta de Galicia: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150123/AnuncioG0165-020115-0009_gl.html

Prazo: Ata 24/02/2015

Resumo:

Os solicitantes desta axuda deberán estar inscritos no Rexistro Vitícola de Galicia. Así mesmo, cando aporten dereitos de replantación propios para a reestruturación das parcelas deberán telos inscritos no Rexistro Vitícola de Galicia ao seu nome na data de finalización do prazo de solicitude.

Actividades subvencionables

Estas axudas aplicaranse ás superficies de viñedo da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación, nas que se leven a cabo tarefas de reconversión varietal, reimplantación de viñedos ou melloras das técnicas de xestión de viñedos. O prazo máximo de execución de ditos traballos -solicitados ao abeiro desta convocatoria- é o 15 de xuño de 2016.

O réxime de axudas levarase a cabo a través de plans que agruparán aos viticultores solicitantes das axudas, nos que figurarán as operacións solicitadas por cada un deles para as súas explotacións. Estes plans poderán ser anuais ou plurianuais, cunha duración máxima de 5 anos, sen que en ningún caso se estendan máis alá do exercicio financeiro 2018.

Tipos de plans

Os plans de reestruturación e reconversión poderán ser de dous tipos: colectivos (constituídos por un mínimo de 5 viticultores) ou individuais. A superficie total reestruturada e/ou reconvertida no marco dun plan será de, polo menos, 1 hectárea para os plans colectivos e 0,5 hectáreas para os plans individuais. A superficie máxima elixible será de 15 hectáreas por viticultor e ano de convocatoria.

A porcentaxe máxima de axuda sobre o importe dos investimentos finalmente aprobados será do 50% para os plans colectivos, e do 35% para os plans individuais. O orzamento total da Xunta para esta convocatoria é de 2 millóns de euros.

O prazo de solicitude destas axudas remata o 24 de febreiro. 

Máis información sobre estas axudas nesta ligazón: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150123/AnuncioG0165-020115-0009_gl.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información