Aviso extraordinario no viñedo: Areeiro aconsella tratar contra o mildeu

Publicidade
Aviso extraordinario no viñedo: Areeiro aconsella tratar contra o mildeu

Manchas incipientes de Mildeu

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de advertir nun aviso fitosanitario extraordinario da necesidade de aplicar tratamento nas viñas contra o Mildeu ante a chegada de chuvias nos vindeiros días que poderían xerar novas contaminacións.

A técnica Rosa Pérez Otero explica que cando se emitiu o anterior aviso fitosanitario (venres día 18) as diferentes axencias meteorolóxicas consultadas anunciaban tempo estable, se ben na actualidade todas elas prevén precipitacións, de contía variable segundo zonas e axencias, e mesmo posibilidade de tormentas, ademais de temperaturas nocturnas suaves. Por outra banda, na fin de semana e mesmo estas últimas noites, rexistráronse condicións favorables á esporulación.

Con  esta situación, o persoal da EFA adiantou a súa visita a algúns dos viñedos ao día de hoxe “e estamos detectando nalgún deles manchas esporuladas que sen dúbida xerarán novas contaminacións coas choivas previstas”, unha situación que se repite noutras viñas vixiadas por outros técnicos. Así, advírtese que é aconsellable aplicar un tratamento en especial naquelas viñas nas que estea próximo a concluír o período de protección teórico da aplicación anterior.

Saraibada nos viñedos de Chantada

saraiba_chantadaPor outra parte, onte pola tarde caeu unha saraibada no concello de Chantada que afectou a algúns viñedos das ribeiras do Miño.

Foto: Luis Buitron/ Asociación Galega de Enólogos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información