Alúgase gandaría de vacún de leite por xubilación en Visantoña, no concello coruñés de Mesía.
A gandaría está en funcionamento, e inclúe tanto silo de millo como silo de herba e uns 800 rulos de herba seca. Corte con 40 vacas en produción e 70 animais en total. Posibilidade de ampliación. Sala de muxido de 8 puntos e tanque de 2.000 litros de capacidade. Silos en trincheira ao carón da explotación e naves para recría e para maquinaria e forraxe.
O aluguer inclúe a base territorial: 35 hectáreas en total en zona de concentración parcelaria de gran aptitude agronómica e preto do establo. 11 hectáreas ao redor da granxa. Posibilidade de ampliar base territorial por peche doutras gandarías.
A granxa é socia dunha CUMA que ofrece o servizo de carro mesturador.
Persoas interesadas chamar ao teléfono 626 454 269 (Víctor)