A Xunta recibiu solicitudes para plantar 164 hectáreas de novo viñedo

Publicidade
A Xunta recibiu solicitudes para plantar 164 hectáreas de novo viñedo

Plantación de novo viñedo

A Consellería do Medio Rural recibiu un total de 165 solicitudes de plantación de novo viñedo para o ano 2016, dentro do novo sistema de autorizacións vixente dende o 1 de xaneiro deste ano. En total e tal como figura na información facilitada a Campo Galego pola Consellería, a superficie solicitada para plantar é de 164, 46 hectáreas.

Solicitudes de nova plantación da convocatoria de 2016

Total Galicia

Zona

Solicitudes

Superficie (ha)

DOP

158

153,816

Sen IX

7

10,6502

165

164,4662

Por denominacións de orixe, Rías Baixas acapara case a metade das autorizacións, con 83, seguida de Ribeira Sacra, con 31 e Valdeorras con 26. Sin embargo, por superficie, a maior parte das hectáreas solicitadas para novas plantacións son para Valdeorras, con 63,13, seguida da DO Monterrei, con 31,6 hectáreas e Rías Baixas con 31,10 ha.

Solicitudes de nova plantación de viñas 2016

Zona

Solicitudes

Sup (ha)

DOP Rias Baixas

83

31,1063

DOP Monterrei

8

31,6278

DOP Ribeiro

10

11,1438

DOP Valdeorras

26

63,1377

DOP Ribeira Sacra

31

16,8004

Sen IX

7

10,6502

Total Galicia

165

164,4662

 

A partir de agora, será o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, quen se erixiu como administración competente na materia, quen remitirá ás comunidades autónomas, non máis tarde do 1 de xullo, as solicitudes para as cales se poderán conceder autorizacións e a superficie pola cal se poderá conceder a autorización. As comunidades autónomas, entre elas a Xunta, deberán resolver as solicitudes e notificar as autorizacións concedidas aos solicitantes antes do 1 de agosto de cada ano. Deste xeito, as novas plantacións autorizadas realizaranse para a primavera de 2017.

Dende a Consellería do Medio Rural demandan ao Ministerio “non só a súa territorialización senón tamén a competencia exclusiva da xestión do cupo anual máximo de novas plantacións a nivel autonómico, ao ser esta administración a máis próxima e coñecedora da realidade vitivinícola local” .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información