A Agrupación Apícola de Galicia alerta de que se están a destruír moitos niños e raíñas de avespón galego ao confundilo coa vespa asiática, a especie invasora que está a ocasionar importantes perdas aos apicultores galegos.
Os avespóns galegos, cuxo nome científico é Vespa crabro, reciben distintos nomes dependendo da zona da xeografía galega: abábaro, abázcaro, carrizos, etc…
Trátase dunha especie que leva en Galicia moitos anos e que “só ten provocado problemas puntuais aos apicultores nalgunhas zonas de Ourense e Lugo cando, polas condicións de desenvolvemento natural do niño, atacan as colmeas, pero convivían perfectamente apicultores e vespas”, explican dende a Agrupación Apícola de Galicia.
Porén, no pasado ano 2014, como consecuencia da alarma social que se creou debido á Vespa velutina, especia invasora tamén denominada vespa asiática, “a Vespa Crabro foi moitas veces destruía porque a confundían coa vespa asiática”. Unha situación que temen que se repita este ano.
“Elimínase ao inimigo natural da avespa asiática”
Esta confusión supón un problema para os apicultores e para a loita contra a vespa asiática “xa que os apicultores e apicultoras galegos temos a esperanza de que a vespa crabro sexa a que nos axude a frear á vespa velutina, pois parece ser que poden competir por territorialidade, e se estragamos e desprazamos á vespa crabro do seu hábitat natural pois entón a invasora non terá rival e campará ás súas anchas”.
“Temos constancia de que houbo moitísimos casos de destrucción de falsos niños de vepa velutina onde aínda non a hai, co cal a que mataron é a vespa crabro”, advirten dende a Agrupación Apícola.
De aí a necesidade de diferencialas tanto á hora de eliminar os seus niños como as raíñas fundadoras. Esta última operación estase facendo mediante trampeo este ano a iniciativa da Xunta de Galicia entre os meses de febreiro e abril e, de non diferenciar entre a vespa crabo e a velutina, podería provocar a desaparición do principal inimigo natural da vespa asiática: o avespón galego.
Diferencias entre o abázcaro e a vespa asiática
VESPA CRABRO (Autóctona) |
VESPA VELUTINA (Invasora) |
|
Tamaño |
Obreiras 40 mm |
Obreiras miden 30-35 mm Raíña ata 35-40 mm |
Cabeza e tórax |
Marrón |
Negruzco |
Abdome |
A meirande parte amarelo |
A meirande parte Negro Entre o segmento 1º e 2º banda fina de cor marelo. O 4º segmento é de cor amarelo alaranxado. |
As patas |
Marróns |
Amarelas na terminación |
Podes descargar un pdf coas diferencias entre vespa crabro e vespa velutina e máis información.