Resultados do concurso de Feiradeza 2018

Gandería Manteiga, de Vila de Cruces, alzouse cos premios de Vaca Gran Campioa e de Mellor Criador no XXIV Concurso de Raza Frisona

Resultados do concurso de Feiradeza 2018

A vaca de Gandería Manteiga que resultou Vaca Gran Campioa en Feiradeza 2018.

A vaca Manteiga Shottle Luna, de Gandería Manteiga, de Oirós, Vila de Cruces, fíxose co galardón de  Vaca Gran Campioa no XXIV Concurso de Raza Frisona Feiradeza 2018, celebrado este domingo en Lalín. A gandería cruceña obtivo tamén a distinción como mellor criador.

Na categoría de Vaca Nova Campioa, o primeiro premio foi para Midon Edurne Maximus, da gandería Midón, e como subcampioa resultou a vaca Blanco Alizee Star, de gandería Blanco.

Na sección de Vaca Intermedia Campioa a primeira posición correspondeu a Anila Lemos Alcira, da gandería Anila, e como subcampioa foi Baronelle Xacobeo Paula, da gandería Rato.

En canto á Vaca Adulta a galardoada co primeiro posto foi Manteiga Shottle Luna, de gandería Manteiga, e en segunda posición resultou Anibal Royal Tina ET, da gandería Carballeiras.

Poxa e sorteos

Unha vez finalizado o concurso deuse paso á poxa. Foron subastados 3 animais, dos cales, dous pertencían á Finca Mouriscade, xestionada pola Deputación de Pontevedra, e o outro procedía da Gandería Manteiga, e era descendente da Vaca Gran Campioa. Os animais partiron dun prezo de saída de 2.000 euros e foron adxudicados entres os 2.550 e os 2.100 euros.

Por último, procedeuse ó sorteo entre o público asistente dunha xata, valorada en 500 euros que lle tocou a Luís Vila, veciño de Bermés (Lalín) e dunha xovenca preñada, tasada en 1.000 euros, que foi para Xosé Manuel Fernández, de Castro de Cabras (Lalín).

Xóvenes manexadores  e campionato de xovencas

Na xornada do sábado celebrouse o concurso de manexadores, no que Avelino Souto Rozados, alzouse vencedor, e como segundo mellor manexador resultou Abel Carballo Pena.

O sábado foi tamén quenda para o Concurso de Xatas e Xovencas. Neste caso a Xovenca Gran Campioa resultou Baroncelle Mallinger Soraya da gandería Rato, de Rodeiro. Esta gandería tamén resultou co galardón ó mellor criador de xovencas.

Nesta XXXIV edición de Feiradeza 2018 estaban inscritos un total de 104 animais procedentes de 25 explotacións de Lalín e da comarca. Os exemplares foron evaluados polo xuíz nacional de Conafe, Pol Collel, e como director técnico do concurso exerceu José Rodríguez López.

Consulta aquí a lista completa de galardoados en Feiradeza 2018

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información