Xornada informativa sobre o potencial de produción vitícola

Publicidade
Xornada informativa sobre o potencial de produción vitícola

Este venres día 26 de febreiro ás 11:00 h. terá lugar no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos, situado na r/ Alfredo Brañas s/n, unha xornada informativa sobre o Real Decreto 740/2015 que regula o potencial de produción vitícola.

A entrada en vigor desta normativa supón unha modificación dos trámites relacionados
coa xestión do Rexistro Vitícola de Galicia.

O obxectivo desta xornada é dar a coñecer a normativa que regula os procedementos a través dos cales se pode solicitar autorización para novas plantacións, autorización para re-plantacións e conversión dos dereitos de plantación de viñedo en autorizacións.

A xornada informativa estará impartida por Pablo Igrexas López, Xefe do Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información