A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

www.ribeiro.wine , a nova páxina web da D.O. Ribeiro

www.ribeiro.wine , a nova páxina web da D.O. Ribeiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro presentou este venres a súa nova web www.ribeiro.wine no Centro Cultural Ángel Valente de Ourense. Unha web adaptada aos novos tempos da era dixital e compatible coas redes sociais. “Unha actualización necesaria que axudará non só a potenciar a imaxe de calidade da D.O. Ribeiro, senón a coñecer mellor nosa cultura e territorio”, comentou durante a presentación a xerente do C.R.D.O. Ribeiro, Cristina Alcalá.

Un dos cambios máis destacables é a extensión do dominio .wine. Un dominio de nivel superior que xa está a ser utilizado por grandes denominacións en varios países e que naceu con vocación global para agrupar baixo a súa extensión a todo o sector para dotarlle dunha identificación única na internet. A palabra “wine” é facilmente recoñecible polos profesionais e consumidores de todo o mundo da industria do viño e serve para facilitar o encontro na rede a todos os interesados no viño.

Outra novidade importante é que a nova web está instalada nunha contorna segura https, mediante o uso dun certificado SSL que serve para dar seguridade aos usuarios da páxina web, unha maneira de facerlles saber que o sitio é auténtico, real e confiable para manexar determinados datos. “Sendo conscientes de que é unha tendencia nos sitios web, quixemos adiantarnos tamén a un posible escenario no que Internet sexa seguro na súa totalidade nos próximos anos”, comentou Cristina Alcalá. As siglas SSL responden os termos en inglés “Secure Socket Layer”, e trátase dun protocolo de seguridade que fai que os datos viaxen de maneira íntegra e segura, é dicir, a transmisión dos datos entre un servidor e usuario web, está totalmente cifrada ou encriptada.

Ademais, www.ribeiro.wine inclúe unha área privada entre adegas e Consello Regulador. “Un servizo que criamos necesario para axilizar as comunicacións entre ambas as partes”, destacou o presidente do organismo, Felicísimo Pereira. Un acceso privado e seguro, por medio de usuario e contrasinal persoais, a diferentes contidos de utilidade. O obxectivo é que as adegas estean informadas dos asuntos máis relevantes e poidan acceder a documentación para axilizar trámites administrativos.

Sobre os contidos, destacar que a parte dinámica da comunicación será actualizada de forma constante. Así, a través do Blogue Ribeiro e un apartado de eventos irase publicando unha serie de contidos específicos sobre a D.O. Ribeiro que espertarán o interese dos seguidores do viño da D.O. Ribeiro e afeccionados ao viño en xeral. Como explicou Cristina Alcalá, “a idea é usar esta ferramenta para dar visibilidade ás particularidades do Ribeiro que, sen dúbida, diferénciannos doutras denominacións”.

Destacar que é unha web accesible desde todos os dispositivos móbiles tanto estáticos como dinámicos, estará en galego, castelán e inglés e é compatible coas redes sociais.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información