Vionta, Valmiñor y Lagar de Cervera, premios da Festa do Albariño

A cata concurso, na que se valoraba a anada 2015, premiou coa medalla de ouro a Bodegas Vionta (Meaño), integrada no grupo Freixenet

Publicidade
Vionta, Valmiñor y Lagar de Cervera, premios da Festa do Albariño

Viños premiados na Festa do Albariño. / Imaxe: Festa do Albariño.

A 64 edición da Festa do Albariño premiou como mellor viño de Rías Baixas do 2015 a ‘Vionta’, de Bodegas Vionta (Meaño), unha firma integrada desde o 2013 no grupo Freixenet. Á cata concurso, que se celebrou durante o fin de semana, concurrían máis de 60 marcas. O sábado, o xurado fixo unha primeira selección dunha ducia de viños e o domingo procedeu á cata dos finalistas para acordar os tres gañadores.

Coa medalla de ouro fíxose Vionta, de Meaño, en tanto que a prata e o bronce fóronse para a comarca do Rosal. Adegas Valmiñor quedouse coa prata polo seu viño ‘Valmiñor’ 2015, en tanto a Bodega Lagar de Cervera obtivo o bronce co seu ‘Lagar de Cervera’ 2015.

Os acontecementos festivos relacionados co viño terán continuidade a próxima fin de semana en Verín, onde se celebrará a Feira do Viño de Monterrei.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información