Viña Moraima lanza un sorteo para presentar o seu viño elaborado coa variedade ratiño

Esta variedade autóctona de Galicia tamén se coñece como "colgadeira", "cajarrento" ou "branca de Cabanelas". A vinificación experimental está a levarse a cabo en colaboración coa Misión Biolóxica de Galicia (CSIC)

Publicidade
Viña Moraima lanza un sorteo para presentar o seu viño elaborado coa variedade ratiño

Derradeira botella de Viña Moraima coa variedade ratiño

A adega cooperativa galega Viña Moraima sortea entre os seguidores da súa páxina en Facebook, a última botella da súa vinificación experimental ratiño correspondente a unha edición exclusiva de 12 unidades, cuxa presentación tivo lugar en primicia para A Emoción dos Viños 2015 , encontro de referencia entre viticultores e afeccionados ao mundo do viño,  celebrado o pasado mes de xuño na localidade fronteiriza de Tui (Pontevedra).

O exclusivo exemplar, contén unha mostra do viño tomada o pasado mes de xuño, e vén marcado cunha etiqueta dobre superposta, deseñada en exclusiva para a ocasión.  A superior mostra unha imaxe dun acio desta escasa variedade e unha interrogación, mentres que na inferior desvélase as peculiaridades da súa elaboración, do que, na vendima 2014, recolléronse 833 kg cos que se elaboraron 350 litros de monovarietal.

A ratiño non se pode comercializar dentro dos viños amparados pola D.O. Rías Baixas por tratarse dunha variedade identificada recentemente, e que non se atopa autorizada para vinificación , a pesar de tratarse dunha variedade autóctona de Galicia tamén coñecida como “colgadeira” , “cajarrento” ou “branca de Cabanelas”. Por tanto, para realizar esta vinificación, Viña Moraima tivo que solicitar autorización previa do citado organismo, á vez que comezaba os trámites para solicitar a inclusión da citada variedade dentro do catálogo de uvas autorizadas, unha vez a súa utilización sexa permitida polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Esta nova vinificación experimental está a realizarse en colaboración co Grupo de investigación en Viticultura, que dirixe a Dra. Martínez na Misión Biolóxica de Galicia, organismo dependente do CSIC. Actualmente, está a traballarse na presentación da anada 2014, mentres continúan a elaboración experimental da colleita de 2015.

O prazo para participar no sorteo finaliza o próximo 9 de novembro. (Ligazón http://ow.ly/u8UNL)

#ratiño #SorteoRatiño #unicornwines

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información