O pasado 30 de maio Luís Gutiérrez, o catador para España da publicación de Robert Parker, The Wine Advocate, visitou Ribeira Sacra para catar os viños acollidos á Denominación de Orixe e incluír os resultados na prestixiosa publicación norteamericana con repercusión a nivel mundial.
Neste sentido, destacan os 97 puntos que recibe Guímaro Capeliños Tinto 2014. Trátase dun coupage coa variedade Mencía como variedade principal (85%), completada con Caiño, Sousón, Garnacha e Brancellao. A uva procede de Finca Capeliños, unha leira propia con viñedos de practicamente 100 anos de idade plantados en socalcos sobre ladeiras cunha forte inclinación que chega ata o 50%, con solos de granito e lousa.
5 viños galegos distinguidos con 96 puntos
A lista dos viños que logran a máxima puntuación para The Wine Advocate complétase con outros cinco, todos eles da anada 2015, que acadan os 96 puntos. Trátase de “Forjas del Salnés Leirana Finca Genoveva” e “Forjas del Salnés Leirana Finca Genoveva Caíño”, ambos da DO Rías Baixas; “Sorte O Soro”, de Rafael Palacios, na D.O. Valdeorras, “El Pecado”, de Raúl Pérez, na D.O. Ribeira Sacra.
The Wine Advocate concede o máximo rango de puntuación, de 96 a 100 puntos, a “un viño sobresaliente de carácter profundo e complexo que mostra todos os atributos que se esperan dun viño clásico. Estes viños paga a pena buscalos, compralos e consumilos”, segundo Robert Parker.
É o terceiro ano que Luís Gutiérrez visita a D.O. Ribeira Sacra para catar os diferentes tipos de viños que se elaboran e ver a evolución que teñen.
As puntuacións adxudicadas este ano aos viños da D.O. Ribeira Sacra foron:
BODEGA |
VINO |
PUNTUACIÓN |
ADEGA ALGUEIRA S.L. |
ALGUEIRA MENCIA |
89 |
ALGUEIRA ANADELIA BLANCO |
93 |
|
ALGUEIRA CORTEZADA BLANCO |
92 |
|
ALGUEIRA ESCALADA GODELLO |
92 |
|
ALGUEIRA AMARAL CAIÑO |
93+ |
|
ALGUEIRA RISCO MERENZAO |
93 |
|
ALGUEIRA CASTAGAIA SOUSÓN |
90 |
|
ALGUEIRA CARRAVEL TINTO BARRICA |
93 |
|
ALGUIERA HOMENAJE MENCIA BARRICA |
95 |
|
ALGUEIRA PIZARRA TINTO BARRICA |
93+ |
|
ADEGA DOS TABOADA S.L.U. |
FEDELLOS DO COUTO CONASBRANCAS BLANCO 2015 |
92 |
FEDELLOS DO COUTO CORTEZADA TINTO 2015 |
93+ |
|
FEDELLOS DO COUTO LOMBA DOS ARES TINTO 2015 |
93 |
|
ADEGA PONTE DA BOGA S.L. |
A PONTE DA BOGA ALBARIÑO |
90 |
G PONTE DA BOGA GODELLO |
89 |
|
P PONTE DA BOGA MENCIA |
88 |
|
BANCALES OLVIDADOS MENCIA |
90 |
|
CAPRICHO 2015 |
90 |
|
EXPRESIÓN HISTÓRICA |
89 |
|
P PONTE DA BOGA MENCIA 2015 |
89 |
|
PORTO DE LOBOS |
88 |
|
CAPRICHO 2008 |
92 |
|
LICIS |
91 |
|
ADEGAS MOURE S.A. |
ABADIA DA COVA TINTO |
88 |
ABADIA DA COVA BLANCO |
86 |
|
ABADIA DA COVA BLANCO BARRICA |
85 |
|
ABADIA DA COVA 1124 |
88 |
|
A ROSA DO VIÑO |
90 |
|
ABADIA DA COVA TINTO BARRICA |
89 |
|
ATRIUM VITIS S.L. |
PACIO DE DONAS BLANCO |
90 |
QUINTA TOUCEDO ALBARIÑO |
91 |
|
QUINTA TOUCEDO TINTO BARRICA |
88 |
|
QUINTA TOUCEDO MENCIA |
89 |
|
CASA MOREIRAS S.L. |
ADRÁS MENCIA |
90 |
DOMINO DO BIBEI S.L. |
LAPOLA BLANCO 2015 |
91+ |
DOMINIO DO BIBEI TINTO 2014 |
94 |
|
LACIMA TINTO 2013 |
92+ |
|
LALAMA TINTO 2013 |
93 |
|
LAPENA BLANCO 2012 |
92 |
|
ENVÍNATE S.L. |
LOUSAS PARCELA CAMIÑO NOVO TINTO 2015 |
94+ |
LOUSAS PARCELA SEOANE TINTO 2015 |
93 |
|
LOUSAS VIÑA DE ALDEA |
93+ |
|
KARMA DO SIL S.L. |
CASTRO CANDAZ TINTO 2015 |
91 |
CASTRO CANDAZ A BOCA DO DEMO TINTO 2015 |
95 |
|
CASTRO CANDAZ FINCA EL CURVADO TINTO 2015 |
92+ |
|
PÉREZ RODRÍGUEZ, ÓSCAR |
NAZ TINTO 2016 |
90 |
PUMAR RODRÍGUEZ, ROSA MARÍA |
SAN MAMED TINTO 2015 |
87 |
VERTIXE TINTO 2015 |
91 |
|
SAN MAMED TRADICIÓN |
90+ |
|
RODRÍGUEZ PÉREZ, PEDRO MANUEL |
GUIMARO TINTO 2016 |
92 |
GUIMARO BLANCO 2016 |
92+ |
|
GUIMARO CEPAS VIEJAS BLANCO 2015 |
93 |
|
GUIMARO CAPELIÑOS TINTO 2015 |
95+ |
|
GUIMARO POMBEIRAS TINTO 2015 |
95 |
|
GUIMARO CAPELIÑOS TINTO 2014 |
97 |
|
GUIMARO MEIXEMAN TINTO 2014 |
94 |
|
GUIMARO POMBEIRAS TINTO 2014 |
94+ |
|
RONSEL DO SIL S.L. |
OURIVE DONA BRANCA 2015 |
90 |
OURIVE GODELLO 2015 |
88 |
|
VEL’UVEYRA GODELLO 2015 |
88 |
|
VEL’UVEYRA MENCÍA 2015 |
89 |
|
ARPEGIO MENCIA 2014 |
89 |
|
TOLO DO XISTO S.L. |
TOLO DO XISTO MENCIA 2015 |
88 |
Puntuacións de Robert Parker 2017 para os viños da Denominación de Orixe Ribeiro:
O 7 de setembro, data de inicio oficial da vendima en Ribeira Sacra
O Pleno do Consello Regulador reunido este martes decidiu como data oficial recomendada para o inicio de vendima o próximo día 7 de setembro despois de valorar os controis de maduración que os técnicos do Consello Regulador realizaron en diferentes viñedos representativos das cinco subzonas que forman a Denominación de Orixe.
O Consello Regulador para realizar as tarefas de control de calidade en adegas e viñedos da Denominación de Orixe durante esta campaña, conta co reforzo de 12 técnicos (veedores); ademais do persoal fixo co que conta todo o ano, formado pola Directora Técnica e tres técnicos.
O pasado 19 de agosto comezaba a vendimar a primeira adega en Ribeira Sacra. Nesta campaña prevese que 93 adegas elaboren viño baixo o amparo da Denominación de Orixe, das que 31 adegas están a realizar tarefas de vendima nestes momentos e 2 adegas xa finalizaron a recollida de uva.
A día 3 de setembro os datos oficiais de recollida de uva por variedades son os seguintes:
Variedades tintas:
-
Mencía: 401.210 kgs
-
Brancellao: 2.324 kgs
-
Merenzao: 5.802 kgs
-
Caiño: 1.410 kgs
-
Garnacha: 10.364 kgs
-
Mouratón: 3.638 kgs
-
Souson: 4.550 kgs
-
Tempranillo: 2.690 kgs
Variedades brancas:
-
Albariño: 4.395 kgs
-
Dona Branca: 4.216 kgs
-
Godello: 51.192 kgs
-
Loureira: 480 kgs
-
Torrontés: 100 kgs
-
Treixadura: 866 kgs
Total de kilos recollidos: 493.237