A Ribeira Sacra exalta este fin de semana o viño de Amandi

Publicidade
A Ribeira Sacra exalta este fin de semana o viño de Amandi

Este fin de semana celébrase no concello lucense de Sober a XXXVII Feira do Viño de Amandi, para exaltar o viño dunhas das subzonas máis representativas da Ribeira Sacra e cuxa tradición vitivinícola remóntase á época dos romanos. A feira celebrarase na praza do Concello e a organización instalou unha gran carpa cuberta.

O programa é o seguinte:

Sábado 8 de Abril

-Ás 11.30 horas: Disparo de bombas de palenque que anuncian o inicio da XXXVI Feira do Viño de Amandi.
-Ás 12.00 horas: Apertura Oficial a cargo de Adega MEZQUITA en lembranza ao seu fundador Pedro López Fernández.
-Ás 12.15 horas: Actuación do Grupo de Música Tradicional do AGADIC.
-Ás 17.30 horas: Comenzo da Precata Oficial na Sala de Catas do Centro Sociocultural de Sober.
-Ás 18.30 horas: CONCERTO da BANDA DE MÚSICA DE SOBER.
-Ás 22.30 horas: Actuación de ROSA CEDRÓN.
-Ás 00.00 horas: Actuación de Gin Toni´s.

Domingo 9 de Abril

-Ás 10.30 horas: Disparo de 24 bombas de palenque (1 por cada colleiteiro participante)
-Ás 10.45 horas: Actuación da Charanga NBA.
-Ás 11.00 horas. Pasarúas coa BANDA DE MÚSICA DE SOBER.
-Ás 11.30 horas: Comenzo da Cata Oficial na sala de catas do Centro Sociocultural de Sober.
Ás 11.30 horas: Misa Solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.
-Ás 12.30 horas: Recepción de Autoridades na Casa do Concello.
-Ás 13.00 horas: PREGÓN a cargo de ROSA CEDRÓN.
-Ás 13.30 horas: Entrega de Premios os adegueiros.
-Ás 17.00 horas: Actuación da Charanga NBA.
-Ás 19.30 horas: Baile coa orquestra TREBOL.

Exposicións:
Do 8 ó 30 de Abril no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados o concurso de carteis da XXXVII Feira do Viño de Amandi, e os debuxos presentados o III Certame de debuxo infantil.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información