Premiados da XX Cata Oficial dos Viños de Valdeorras

Un godello da Quinta da Peza e un mencía de Alán de Val foron elexidos como os mellores viños desta edición

Publicidade
Premiados da XX Cata Oficial dos Viños de Valdeorras

Os premiados da XX Cata Oficial de Valdeorras.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe de Valdeorras entregou onte os premios da XX Cata Oficial dos Viños de Valdeorras, que se desenvolveu no marco da XXII edición da Feira do Viño da comarca. No certame participaron 17 adegas cun total de 46 referencias distintas, 24 delas tintas e 22 brancas. Recollemos, a continuación, a relación de premiados:

Viños brancos:

Primeiro premio: Quinta da Peza Godello 2018 da Adega Quinta da Peza S.L.
Segundo premio: D ́Berna Godello 2018 da Adega Guitián y Blanco C.B.
Terceiro premio: Viñaredo Godello 2018 da Bodega Santa Marta S.A.T

Viños tintos:

Primeiro premio: Alán de Val Mencía 2018 da Adega Alán de Val

Segundo premio: Finca A Coronela 2018 da Adega O Cepado S.L.
Terceiro premio: D ́Berna Mencía 2018 da Adega Guitián y Blanco C.B.

As mencións especiais “viños doutras colleitas” foron para D ́Berna Godello 2017, no caso dos brancos, da Adega Guitián y Blanco C.B. e Lagar do Cigur Barrica 2015 da Adega Melillas e Fillos S.L., no caso dos tintos.

Balance positivo da Feira do Viño
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras fai un balance positivo da Feira do Viño, pois este ano aumentaron un 5% as degustacións realizadas no recinto feiral. En total, calcúlase que se consumiron arredor de 8.400 copas de viño. Desde o Consello Regulador, o seu presidente, José Luis García Pando, agradeceu a participación das adegas na Feira, “pois este é un gran escaparate para os nosos viños”, así coma a asistencia de autoridades da Xunta, Deputación, Concello e Subdelegación do Goberno.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información