Os viños do D.O. Ribeiro triunfan en Madrid

Publicidade
Os viños do D.O. Ribeiro triunfan en Madrid

Esta semana 25 adegas da Denominación de Orixe Ribeiro, a máis antiga de Galicia, presentaron en Madrid máis de 100 viños ante profesionais do sector, xornalistas e prescriptores.

O I Salón dos Viños D.O. Ribeiro, un evento organizado este luns por Guía Peñín, tiña dous obxectivos: buscar distribuidor en Madrid e provincias limítrofes, e promocionar as novas anadas das súas marcas xa consolidadas. Juan Manuel Casares, presidente do D.O., sinalou que Madrid é “un mercado moi importante para os viños do Ribeiro porque alí concéntrase o maior número de profesionais do sector”. Ademais, destacou o éxito de participación do Salón, o que “denota o interese por coñecer os viños que se elaboran actualmente no Ribeiro”.

Os viños do D.O. contan cun gran recoñecemento a nivel nacional e internacional e recibiron numerosos galardóns nos últimos anos. Con todo, como indica Carlos González, director técnico da Guía Peñín, “Ribeiro necesita máis accións de promoción como esta para dar a coñecer unha denominación histórica”, subliñou.

As adegas participantes no Salón dos Viños de D.O. Ribeiro foron: Adega Deseu, Adega Doa Elisa, Adega Mauro Estévez, Adegas Celme, Antonio Montero, Adega Alanís, Adega Gandarela, Adega e Viñedos Pazo Casanova, Adegas Casal de Armán, Adegas GRM, Adegas Val de Souto, Carlos Villanueva, Cuñas Davia, Eduardo Bravo, Genus de Vinum, Lagar do Meréns, Nairoa, Pazo de Toubes, Pazo Tizón, Priorato de Razamonde, Ramón do Casar, Terra do Castelo, Vilerma, Viña Costeira e Xulia Bande.

Novas anadas na GUÍA PEÑÍN 2020

Na súa andaina polas principais zonas produtoras de España, a principios do mes de maio o equipo de cata da Guía Peñín visitou a denominación Ribeiro para avaliar máis de 150 viños que estarán dispoñibles no mercado nos próximos meses.

Para González, trátase de “unha anada moi complicada, pero, a pesar diso, os elaboradores lograron sobreporse ás adversidades e conseguiron produtos solventes”. Tanto é así que os viños do D.O. Ribeiro lograron unha puntuación media próxima aos 90 puntos, a máis alta dos últimos anos.

Esta mellora vén dada, segundo Carlos González, polo aumento de viños de anadas anteriores, con granpotencial de envellecemento e boa evolución en botella, unhas elaboracións que, aínda que hai uns anos eran difíciles de atopar en Ribeiro, agora son unha aposta habitual das adegas do D.O.

As puntuacións dos viños de Ribeiro xa poden consultarse, mediante subscrición, na edición online da Guía Peñín 2020. Desta maneira, os subscritores poden coñecer, en primicia, as cualificacións do equipo de cata meses antes da publicación da edición física da guía.

Madrid SALÓN RIBEIRO 1

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información