Os viños con Denominación de Orixe aumentan un 17% as súas exportacións

Os viños con Denominación de Orixe aumentan un 17% as súas exportacións

Xapón é un dos países aos que máis medran as exportacións de viños españois

España vendeu ao exterior no primeiros seis meses 74 millóns máis de litros de viño que no mesmo período do ano anterior, o que supón un crecemento do 7% até alcanzar os 1.070 millóns de litros, consecuencia lóxica da maior colleita do 2018 e do esforzo comercializador do sector.

Así se pon de manifesto nun informe do Observatorio Español do Mercado do Viño (OeMv) no que se destaca que o aumento das vendas fóra de España estivo impulsada polos viños envasados con indicación xeográfica, un 17% máis, e de varietais.

Por países, destaca o moi forte crecemento nos mercados de Rusia e Portugal, onde se dobra a presenza do viño español, crecementos importantes en Xapón, Canadá e Dinamarca e outros máis suaves en países como Reino Unido e EEUU, compensan as caídas en Francia, Alemaña e, sobre todo, en Italia.

“Porén, un mercado mundial relativamente estable, no que algún dos nosos principais clientes, como Italia, mostran pouco apetito polo viño español, ao dispor tamén eles de maiores producións propias, xerou que a demanda non crecese ao ritmo que esixía a maior oferta dispoñible”, destacan desde o Observatorio.

A diminución do prezo medio do viño español nun 15% neste período, froito tamén da maior colleita do ano anterior, acompaña ese crecemento do volume pero non impide unha certa diminución da facturación das vendas ao exterior, até situarse nos 1.290 millóns de euros.

Por tipos de viños, os de indicación xeográfica e os varietales aumentan un 17% e 28% respectivamente, sendo especialmente destacable o crecemento destes últimos a pesar de aumentar tamén o seu prezo un 2%. Con crecemento relativo algo menor, do 13%, os viños a granel son os que máis aumentaron as súas vendas en litros, e soben, pero máis suavemente, as exportacións de viños espumosos.

Gran incremento da venda de viños españois a Rusia

Neste período, as exportacións españolas de viño varían de moi diferente forma segundo os mercados. Medran extraordinariamente en Rusia (141%) e en Portugal (72%) e de forma tamén importante en Xapón (25%), Canadá e Dinamarca (sobre o 17%).

Máis suavemente pero tamén en positivo preséntanse as exportacións de viños españois en mercados importantes como Reino Unido e Estados Unidos, onde crecen en ambos os casos un 1,2% durante o semestre ou, algo mellor, en Países Baixos, Suíza, México ou Noruega. Subas, todas elas, que compensan en volume as perdas de vendas que se producen nos principais mercados exteriores dos viños españois, incluíndo Francia, Alemaña e, sobre todo, Italia, onde o viño español perde un 32% e baixa de 143 a 98 millóns de litros en seis meses, desfacendo así o forte crecemento do ano anterior cando a súa colleita do 2017 tamén minguou considerablemente e tivo maior necesidade do viño español, fundamentalmente viño a granel.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información