Os españois consomen menos viño nos fogares pero máis caro e con Denominación de Orixe

Os españois consomen menos viño nos fogares pero máis caro e con Denominación de Orixe

O consumo de viño nos fogares españois tende a estabilizarse, tras varios anos consecutivos de caídas, pero iso si, os viños que se adquiren son a un prezo maior e preferentemente cómpranse máis viños con Denominación de Orixe.

Así se reflicte nun estudo do Observatorio Español do Mercado do Viño (OeMV), elaborado a partir a partir dos datos do panel de alimentación do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio (Mapama).

Así, entre xaneiro e novembro de 2017 o consumo de viño nos fogares españois situouse en 321,6 millóns de litros, un 2,1% menos que no mesmo período de 2016, aínda que o prezo medio mantívose estable nos 2,53 euros o litro, un 0,7% máis.

Por produtos, o viño tranquilo con Denominación de Orixe foi o único que subiu en valor, un 1,2% máis. De feito, representa o 57% do que os españois se gastan en viño nos seus fogares, cun total de 463,2 millóns de euros.

Baixan as vendas de tintos con DO en volume e medran en brancos e, sobre todo, en rosados

Dentro dos viños con DO, o tinto foi o único o pasado ano caeu en volume (un -2,7%) e o que menos creceu en valor (0,3% máis). Porén, o seu liderado é claro, con 87,5 millóns de litros e 347 millóns de euros, o 73% do volume e o 75% do gasto total. Os brancos con DO gañan cota ao medrar un 3% en volume e un 3,3% en valor, ata os 26,5 millóns de litros e os 99,4 millóns de euros, a prezos estables de entre 3,74 e 3,75 euros o litro. Aínda que con menor cota que os anteriores, o viño rosado con DO creceu un 19,3% en volume e un 10,4% en valor, ata os 5,6 millóns de litros e os 16,9 millóns de euros, a prezos máis baratos (-7,5%, ata os 3,03 euros o litro).

Noutras categorías, as vendas nos fogares de espumosos e cavas medraron de xaneiro a novembro de 2017 un 1,1% en volume, pero caeron un 4,8% en valor, ao baixar o seu prezo medio ata os 4,62 euros o litro. Con todo, é necesario esperar aos datos de decembro, mes crucial para as vendas destes produtos.

O consumo de viño con IXP, tamén coñecido como viño da terra, caeu un 5,9% en volume e un 15% en valor, ata os 12,1 millóns de litros e os 28,1 millóns de euros, a prezos que baixaron case un 10%, ata os 2,33 euros o litro.

Peor foi o 2017 para o viño de agulla, que caeu un 20% en volume e un 24,7% en valor, ata os 4,7 millóns de litros e os 13,2 millóns de euros. Ademais, vendéronse a prezos máis baratos: 2,78 euros o litro, un 5,8% menos.

En canto aos viños de licor, subiron un 1,1% en volume pero baixaron un 2,2% en valor, ata os 9,2 millóns de litros e os 32,8 millóns de euros, a un prezo medio de 3,67 euros o litro.

Por outra banda, as bebidas con viño, entre as que se inclúen os viños aromatizados, os tintos de verán ou a sangría, creceron as súas vendas nos fogares españois un 4% en volume e un 4,5% en valor.

Fuente: OeMv, a partir de los datos del MAPAMA

Fuente: OeMv, a partir de los datos del MAPAMA

Soben as vendas en formato bag-in-box

Se se analizan os tipos de envase, as botellas de 75 centilitros seguen dominando o mercado: representan o 55,4% do volume de viño vendido nos fogares e o 80,8% do valor, aínda que con lixeiras caídas do 1,3 e do 0,4%, respectivamente.

Os envases de 1 litro, fundamentalmente cartóns, mantéñense en volume (79 millóns de litros, un 0,1% máis que en 2016) pero baixan en valor ( 74,8 millóns de euros, un 1,5% menos).

Respecto dos envases de máis de 1 litro, as súas compras caeron en torno ao 6% ata baixar dos 60 millóns de litros, a prezos que se mantiveron nos 1,1 euros o litro. Nesta categoría, destaca o excelente resultado do bag-in-box, cuxo consumo creceu un 45,8% en volume e un 32,6% en valor.

A cervexa segue gañando cota de mercado fronte ao viño

Os datos do panel de consumo nos fogares elaborado polo Mapama tamén revelan que a cervexa segue gañando cota de mercado fronte ao viño: os fogares españois gastaron 939 millóns de euros en cervexa ata novembro, un 4,5% máis, superaron o gasto do viño e doutras bebidas con viño, que caeu un 0,8%, ata baixar lixeiramente dos 915 millóns de euros. En volume, a cervexa consolida o seu liderado, con case 774 millóns de litros, un 3% máis, fronte aos algo menos de 393 millóns rexistrados por viño e outras bebidas con viño, que baixan un 1% por cento.

Por último, o gasto de bebidas espirituosas nos fogares baixou un 6,6% ata os 292 millóns de euros, cun prezo medio de 10,43 euros o litro, un 1,8% menos.

Pola contra, o valor prezo medio de sidra vendida para consumo nos fogares españois subiu un 4,2% ata os 2,01 euros o litro. O seu valor global baixou un 1% ata os 14,7 millóns de euros, debido a unha caída do 5% en volume, que se situou nos 7,3 millóns de litros.

Fuente: OeMv, a partir de los dato del Mapama

Fuente: OeMv, a partir de los dato del Mapama

Descarga aquí o estudo completo do OeMv sobre a evolución do consumo de viño en España entre xaneiro e novembro de 2017

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información