“O viño pasou de alimento a ornamento, necesitamos proximidade co consumidor”

A directora da Interprofesional do Viño, Susana García, avoga pola promoción dunha cultura de “disfrute despreocupado” orientada ó gran consumidor. “Somos o único país gran produtor onde se consume máis cervexa que viño”, remarca

Publicidade
“O viño pasou de alimento a ornamento, necesitamos proximidade co consumidor”

Susana García, nunha xornada organizada por Agaca.

A Interprofesional do Viño está a emprender este outono unha estratexia de comunicación orientada a achegar a cultura do viño ó gran consumidor. A directora da Interprofesional, Susana García, é partidaria dunha cultura de “disfrute despreocupado”, no marco dun consumo responsable, fronte a unha “cultura de hipersofisticación que espanta consumidores”.

O mecanismo de extensión de norma da Interprofesional, polo que se recadan fondos do sector vitivinícola, permite que esta organización dispoña duns 12 millóns de euros para actividades de promoción ata xullo do 2019. O obxectivo das campañas de promoción, que xa se puxeron en marcha este outono, sitúase en recuperar presencia e proximidade cos consumidores.

Máis da metade dos consumidores de viño en España supera os 50 anos. A Interprofesional busca gañar peso no público de 25 a 40 anos

“Queremos dotar á categoría do viño de maior relevancia cultural. Somos o único país gran produtor onde se consume máis viño que cervexa”, sinala a directora da Interprofesional, Susana García, que participou estos días nunha xornada da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) orientada a impulsar a innovación no cooperativismo (Proxecto AgroSmartcoop).

Consumo
En España, o consumo do viño leva 20 anos caíndo en picado, se ben este último exercicio produciuse un pequeno repunte. “Antes o viño era considerado un alimento e formaba parte do día a día, pero agora é considerado un ornamento para ocasións especiais. Igual non é sinxelo que volva a ser considerado un alimento, pero necesitamos recuperar un consumo máis frecuente”, valora García.

Máis da metade dos consumidores de viño en España superan os 50 anos, polo que o principal reto do sector pasa por lograr presencia e proximidade nos consumidores novos. A Interprofesional orienta as súas mensaxes promocionais a un público de 25-40 anos, no que trata de gañar consumidores fronte á cervexa e ós refrescos.

“É precisa unha cultura unificadora do viño, sen perxuízo da diferenciación que busca cada denominación de orixe” (Susana García)

“Existe unha cultura do viño hipersofisticada que espanta a novos consumidores. Á hora de elixir un viño, hai moitas variables que entorpecen o consumo. Temos que quitar capas, eliminar protocolo e ‘postureo’, e buscar unha cultura de disfrute despreocupado”, valora a directora da Interprofesional. “Necesitamos unha cultura unificadora, sen perxuízo da diferenciación que buscan as distintas denominacións de orixe” -defende.- “Un dos problemas que temos é que o viño se percibe de forma polarizada. Ou moi bo e inaccesible ou de diario e con mala imaxe”.

A Interprofesional do Viño ten agora en marcha a campaña ‘Marida mejor tu vida con vino’, que está presente en televisión e en medios online. Poñemos a continuación un dos spots que se están a difundir.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información