Adega_Couto_Mixto estandar

Monterrei inicia a vendima

A adega Couto Mixto, ubicada en Mandín (Verín), foi a primeira da denominación de orixe Monterrei en iniciar a vendima esta fin de semana. En relación ó pasado ano, a vendima adiántase así unha semana.

Na última fin de semana de agosto, os traballos de vendima xa comezaran en dúas adegas de Valdeorras e noutra da Ribeira Sacra, ao que hai que sumar neste primeiro fin de semana de setembro o inicio en Monterrei. Ao longo dos próximos días, agárdase a extensión dos traballos a máis adegas, tanto nestas denominacións como en Rías Baixas e Ribeiro.

Cómpre lembrar tamén que estes días, Tráfico anunciou unha campaña de control de veículos agrícolas, ante o inicio dos traballos da vendima.