Imaxes das primeiras vendimas en Galicia

Publicidade

Estes días estanse a realizar as primeiras vendimas en Galicia, sobre todo nas comarcas con climas máis de influencia mediterránea, como na Denominación de Orixe Valdeorras.

Precisamente as primeiras adegas en vendimar a finais de agosto foron Santa Marta SAT e María Teresa Núñez Vega, da Denominación de Orixe Valdeorras, e outra da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, Adega Damm.

Pero ao longo da semana pasada fóronse sumando outras como Ruchel, Terriña, O Casal ou Godeval, todas elas na DO Valdeorras, e algunha máis da zona do Bibei, como Daterra Viticultores.

Sen embargo, será a partir desta semana cando se xeneralice a vendima nas cinco Denominacións de Orixe Galegas, nunha campaña que se prevé moi boa tanto en cantidade como en calidade da uva.

Velaquí unha escolma das adegas máis madrugadoras en realizar a vendima:

MENDEZ ROJO VALDEORRAS ADEGA TERRIÑA

Vendima en Adega Terriña, na DO Valdeorras

DA TERRA VITICULTORES 2

Vendima na subzona do Bibei, en Daterra Viticultores

DA TERRA VITICULTORES 1

Vendima na subzona do Bibei, en Daterra Viticultores

valdeorras O CASAL

Vendima  na adega O Casal, na DO Valdeorras

VALDEORRAS RUCHEL

Vendima en Adega Ruchel, na DO Valdeorras

PEDRO MADRUGA NEVE CARBONICA ADEGAS GALEGASEn Adegas Galegas elaborando o Pedro Madruga, un viño que comeza coa maceración da uva durante 12 horas a -4ºC con neeve carbónica. 

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información