Grupo Reboreda Morgadío defende que cumpre a lexislacion de etiquetaxe de viños

Publicidade

Ante a información publicada por Campo Galego o pasado 18 de decembro baixo o titular “Viño Galego elaborado con uva de Castela: A fraude que non cesa”, unha das empresas aludidas na información, Adegas Campante, S.A e Adegas do Miño, S.L, ambas as pertencentes ao Grupo Reboreda Morgadío, ao entender que se está danando a súa imaxe con esta información solicitan exercer o dereito de rectificación nos seguintes termos:

“-Grupo Reboreda Morgadío (en diante GRM) cumpre estritamente a normativa vixente en materia de etiquetaxe contida nas normas comunitarias Regulamento (UE) No 1308/2013 Do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os Regulamentos (CEE) no 922/72, (CEE) no 234/79, (CE) no 1037/2001 e (CE) no 1234/2007 e Regulamento (CE) nº 607/2009 da Comisión de 14 de xullo de 2009 polo que se establecen determinadas disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 479/2008 do Consello no que incumbe ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, aos termos tradicionais, á etiquetaxe e á presentación de determinados produtos vitivinícolas.

– Adegas Campante, S.A. non compra uva en ningún lugar de España fóra da D.O. Ribeiro. A etiquetaxe dos produtos que comercializa, en canto cumpren estritamente, as normas de etiquetaxe apuntadas non poden inducir a confusión aos consumidores nin poden ser constitutivas de fraude para os mesmos.

– Adegas Campante, S.A. aposta decididamente polos viños de calidade do Ribeiro desde a súa fundación en 1940, sendo a adega con máis plantacións propias de uva na D.O. e dispondo no mercado dalgunhas das marcas máis antigas e prestixiosas da DO.. Ribeiro.

– Os viños que embotella Adegas do Miño, S.L. non están acollidos á DO. Ribeiro. As súas etiquetas nin incorporan a bandeira galega nin a palabra Galicia. Utilizan unha denominación en lingua galega por ser a propia dos membros das sociedades, dos traballadores da mesma e porque entenden que se están exercendo con eles os dereitos contidos na Lei 3/1983, de 15 de xuño, de normalización lingüística de Galicia.

– As marcas que se citan na noticia non están sometidas ás normas de etiquetaxe propia da Denominación de Orixe Ribeiro, nin utilizan a palabra Ribeiro na súa etiqueta, nin pretenderon nin pretenden dar a entender aos seus consumidores que teñan a súa orixe na zona do Ribeiro.

– A marca Os Portapazos obtivo o premio Gran Baco de Ouro correspondente a 2018 outorgada pola Unión Española de Catadores debido ás súas especiais calidades, sendo recoñecido así un esforzo realizado pola Empresa para abrirse paso no mercado dunha extraordinaria competencia no sector vitivinícola, obendo a súa comercialización, dunha empresa galega, a través dunha cadea de prestixio internacional”.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información