Éxito da D.O. Ribeira Sacra con 13 melladas no Concurso Mundial de Viños Extremos 2018

Éxito da D.O. Ribeira Sacra con 13 melladas no Concurso Mundial de Viños Extremos 2018

Paisaxe da Ribeira Sacra

Os viños do D. O. Ribeira Sacra que se presentaron ao vixésimo sexto Concurso Internacional “Mondial des Vins Extremes” organizado polo CERVIM do 12 ao 14 de xullo en Val d´Aosta (Italia) regresan con 13 medallas, o que supón un aumento notable con respecto ás 9 do ano pasado.

A este certame presentábanse un total de 720 viños, provenientes de 277 produtores de 19 países diferentes, das cales, 58 mostras procedían de adegas da Ribeira Sacra.

A cerimonia de entrega de premios terá lugar no Palazzo Madama de Turín o 23 de setembro.

Os viños con D.O. Ribeira Sacra que resultaron galardoados son os seguintes:

CATEGORIA VIÑOS BRANCOS:

Medalla de Ouro
– “ALMALARGA”– 2017 Alma das Donas – Pantón
– “VIÑA VELLA” – 2017 S.A.T. Virxen dos Remedios – O Saviñao
– “MAGA” – 2017 Karma do Sil S.L.U. – Monforte de Lemos

Medalla de Prata
– “VIÑA GAROÑA”– 2017 Adegas Viña Garoña S.L. – Chantada
– “CONDADO DE SEQUEIRAS BRANCO”– 2017 Grupo Peago SL– Bilbao

CATEGORIA VIÑOS TINTOS:

Medalla de Ouro
– VIÑA MEZQUITA – 2017 José Manuel Vidal López – Sober
– VIA ROMANA – 2016 Adega Via Romana – Chantada

Medalla de Prata
– VAL DA LENDA – 2017 Victor Manuel Rodríguez López – Sober
– REGINA EXPRESION – 2016 Regina Viarum S.L-– Sober
– ESTRELA – 2017 D´Fran, S.C. – Sober
– TEAR – 2017 Adega Tear – Sober
– SABATELIVS – 2017 Adegas e Viñedos Lareu S.L. – Chantada

CATEGORIA VIÑOS TINTOS ANADAS 2015 E ANTERIORES:

Medalla de Prata
– ALMAMADRE – 2015 Alma das Donas – Pantón

O Mondial des Vins Extrêmes, organizado polo CERVIM (Centro de Investigación, Estudos, Protección, Coordinación e Valorización da Viticultura de Montaña) é o concurso enolóxico máis importante a nivel mundial, reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos heroicos (socalcos ou terreos con máis do 30% de declive ou altitude superior a 500 metros s.n.m. ou das pequenas illas).

Quere promover e valorizar a produción enológica desas terras que se caracterizan polas dificultades estruturais, pero tamén por viños singulares que teñen unha personalidade extraordinaria.

Consulta aquí a lista completa de viños premiados no Concurso Internacional “Mondial des Vins Extremes” 2018

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información