Enocións By Ribeiro, pasado e futuro do viño na Cidade da Cultura

Máis de 150 personas gozaron coa exposición “Camiño. A Orixe”, a música de Guadi Galego, as imaxes de Xurxo Lobato e puideron coñecer as características de catro viños singulares da D.O. Ribeiro

Publicidade
Enocións By Ribeiro, pasado e futuro do viño na Cidade da Cultura

Autor: CRDO Ribeiro

O programa Enocións by Ribeiro viviu a súa primeira velada na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago, cunha proposta na que máis de 150 persoas gozaron con Guadi Galego, as imaxes de Xurxo Lobato, unha visita á exposición “Camiño. A Orixe” e a calidade e identidade propia de catro viños da D.O. Ribeiro.

A vinculación entre os viños producidos na denominación de orixe máis antiga de Galicia co Camiño de Santiago foi o eixo vertebrador da cita.

Despois das palabras do presidente do Consello Regulador, Miguel Ángel Viso, chegaron as catro propostas vinícolas cunha cata guiada polo director técnico Pablo Vidal. Participaron Casal de Armán 2014, de adegas Casal de Armán; Ramón do Casar Treixadura 2014, de adegas Ramón do Casar; Cuñas Davia 2014, de Adegas Valdavia; e Colección 68 de Costeira Treixadura Barrica, de Viña Costeira.

O fotógrafo Xurxo Lobato presentou unha selección de imaxes que ambientaron o concerto de Guadi Galego, nelas amosáronse as terras do Ribeiro e a ruta xacobea. A delicada música de Guadi, en formato dúo, foi o colofón a un serán no que os participantes tamén coñeceron en grupos reducidos a exposición Camiño. A Orixe.

Enocións by Ribeiro é un programa de actividades que quere reflectir as emocións que afloran no Camiño de Santiago, uníndoas aos viños da D.O. Ribeiro, legado do Císter.

Seguintes propostas

As dúas seguintes propostas de Enocións by Ribeiro serán o 11 de xuño coa gastronomía de Pepe Solla con acompañamento musical de DJ Analïs; e o 10 de setembro, co humor de Carlos Blanco. Ambas dúas, presentando novos viños de la D.O. Ribeiro,

Toda a información de Enocións by Ribeiro está no portal web www.movimientoribeiro.com. A Denominación de Orixe Ribeiro está a reforzar a imaxe do #movimientoribeiro coa súa presenza en facebook (https://www.facebook.com/DenominacionOrixeRibeiro) twitter @CRDO_Ribeiro, e Instagram: crdo_ribeiro.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información