Destacadas puntuacións para 29 viños de Monterrei na Guía Peñín 2019

Publicidade
Destacadas puntuacións para 29 viños de Monterrei na Guía Peñín 2019

Viñedos de Terra do Gargalo, unha das adegas con mellores puntuacións. / Arquivo.

A Guía Peñín, unha publicación de referencia na valoración dos viños españois, outorga na súa edición 2019 destacadas puntuacións a 29 viños da denominación de orixe Monterrei, que superaron os 85 puntos, con 13 deles que acadaron 90 ou máis puntos. Estes resultados foron ben acollidos pola presidenta do Consello Regulador da DO, Lara Da Silva, que destacou o bo traballo que están facendo viticultores e adegas, de xeito que cada ano “elaboran viños de mellor calidade”.

Entre os viños de Monterrei, a mellor puntuación na Guía Peñín foi para Viña Verino Tinto 2015 (Bodegas Gargalo), que obtivo 93 puntos. A continuación, con 92 puntos, situáronse outros dous viños da mesma adega, Gargalo Godello 2017 e Terra do Gargalo sobre lías branco 2016. Tamén cun sobresaínte claro destácanse na guía o Alma de Autor branco 2016 (Adega Pazo das Tapias) e outros dous viños de Bodegas Gargalo, o Gargalo Mencía & Araúxa 2017 e o Terra do Gargalo Carballo Tinto 2016.

Con 90 puntos atópanse Alma de Autor Tinto 2015 (Adega Pazo das Tapias), Quinta das Tapias Colección Godello 2017 (Pazo Blanco Núñez -Tapias Mariñán-), Gargalo Albariño & Treixadura 2017 (Gargalo), Lobarzán IS Godello 2016 (Castro de Lobarzán), Father 1943 (ano 2015, de Crego e Monaguillo), Fraga do Corvo Godello 2017 e Fraga do Corvo Mencía 2017, estos dous últimos de Boo Rivero.

A Guía Peñín indica que os brancos de Monterrei son “frescos e agradables” e engade que son “intensos, afroitados, sabrosos e frescos en boca, cun bo equilibrio alcol – acidez”. En canto ós tintos, a publicación salienta que os “tintos xoves poseen un bo carácter frutal”, en tanto dos viños de crianza destaca que “comezan a gañar peso na zona grazas a un bo equilibrio entre a froita e os matices da crianza”.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información