Curso práctico de poda en verde en Monterrei

A actividade está organizada polo Consello Regulador e desenvolverase os vindeiros 14 e 15 de xullo

Publicidade
Publicidade
Curso práctico de poda en verde en Monterrei

Curso de poda realizado en Monterrei. / Arquivo.

Data inicio: 14/07/2017
Data fin: 15/07/2017
Lugar: Avenida de Portugal s/n, Verín, Ourense

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei promove un curso de poda en verde que se celebrará os próximos 14 e 15 de xullo. A actividade, que contará cunha parte teórica e outra práctica, estará impartido por Francisco Rego, técnico xubilado e investigador da Estación de Enoloxía e Viticultura de Galicia (Evega).

A sesión teórica desenvolverase o 14 de xullo de 17 a 20 horas na Casa da Xuventude de Verín (Avenida de Portugal s/n), en tanto a práctica será ó día seguinte, de 9 a 12 horas en Vilardevós, no que é considerado o viñedo máis grande de Galicia.

A actividade formativa abordará cuestións como sistemas de conducción e poda invernal, a xeometría da plantación, os traballos en verde, as particularidades da DO Monterrei ou as complicacións que está a introducir o cambio climático.

Trátase dun curso de carácter gratuito dirixido a un máximo de 20 persoas. Para asistir, hai que inscribirse previamente no Consello Regulador, ben a través do teléfono 988-590.007, ben polo correo electrónico [email protected] A inscripción farase por riguroso orde de entrada.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información