Calendario 2017 de podas e enxertas na viña

Artigo de Bernardo Estévez Villar, viticultor ecolóxico do Ribeiro.

Calendario 2017 de podas e enxertas na viña

Viñas podadas no Ribeiro

Para a elaboración deste calendario seguimos as indicacións do calendario lunar, non é nada novo , os nosos avós nunca podaban sen ter en conta a lúa, ao igual que para outras moitas tarefas da viña e resto de cultivos.

Os líquidos internos das plantas ascenden e descenden coa lúa. Deste xeito, coa lúa ascendente temos máis seiva na parte da planta que está por encima do solo; mentres que coa Lúa descendente os líquidos internos das plantas descenden , e a maior parte da actividade da planta realízase nas raíces. Precisamente iso é o que buscamos podando en Lúa descendente, que a actividade da parte aérea sexa a menor posible.

A poda é moi traumática para a planta, polo que se non a facemos na lúa axeitada os cortes provocarán choros nas vides. Ademais, a parte do trauma do propio corte e da variación que producimos na estrutura natural da planta ( a vide é da familia das lianas ) cunha poda en mala época tamén estamos a xerar un baleirado das reservas que a cepa acumulou no outono , despois da vendima, reservas que son moi necesarias para na primavera ter unha boa brotación.

Será tamén conveniente protexer os cortes de madeira de máis de dous anos. Para iso, podemos aplicar despois de finalizar a xornada de poda un caldo sulfocálcico ou calquera preparado a base de arxila, borralla de leña, bosta de vaca ……etc.

Calendario 2017 de podas e enxertas na viña

Xaneiro:
Poda de cepas de máis de 3 anos. Días: 11,12,13,14,15,16,17,18,19,20,21,22,23,24 e 25. Con lúa descendente.
Poda de cepas novas: Pruning to young vine. 1,2,3,4,5,6,7,8,9,10, 26,27,28,29,30 e 31. Con lúa ascendente.

Febreiro:
Poda de cepas de máis de 3 anos. Días: 8,9,10,11,12,13,14,15,16,17,18,19,20 e 21. Con lúa descendente.
Poda de cepas novas. Días: 1,2,3,4,5,6,7, 22,23,24,25,26,27 e 28. En lúa ascendente.
Enxerta nos días 22,23,24,25,26,27 e 28. todos eles con lúa ascendente.
Días moi bos para enxertar: 22 e 23, días de froito.

Marzo:
Poda de cepas de máis de 3 anos, Nos días: 7,8,9,10,11,12,13,14,15,16,17,18,19 e 20, en lúa descendente.
Poda de cepas novas. Nos días: 1,2,3,4,5,6, 21,22,23,24,25,26,27,28,29,30 e 31. Con lúa ascendente.
Enxertas. Realizadas nos días: 1,2,3,4,5,6, 21,22,23,24,25,26,27,28,29,30 e 31, con lúa ascendente.
Días especialmente bos: 2,21 e 22, días froitos.

Abril:
Podas nos días: 3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,14,15 e 16, con lúa descendente.
Enxertas nos días: 1,2,18,19,20,21,22,23,24,25,26,27,28 e 29, con lúa ascendente.
Días especialmente bos: 17,18,26 e 27, días froitos

Como xa vimos na xornada de ecolóxico de Castrelo de Miño, o clima está a cambiar e tamén os ritmos das plantas e do solo. Penso que foi bastante unánime a conclusión á que se chegou acerca da poda. En concreto, na recomendación de retrasala o máximo posible tanto para buscar un bo agostamento da madeira, como para favorecer a resistencia os fungos e mellorar as brotacións e floracións.

image_print

Bernardo Estévez Villar

Bernardo Estévez é un viticultor de Arnoia, en plena comarca do Ribeiro, que hai anos decidiu cambiar o estrés da cidade pola vida en plena natureza. Con paciencia e respetando as normas da natureza elabora Issué, un viño ecolóxico galardoado en varios certames e feito seguindo as regras da agricultura biodinámica e a ensinanzas de Fukuoka, o que o converte en único en Galicia. A través do seu blog cóntanos o día a día dun viticultor que traballa coa natureza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información