A vendima 2016 en imaxes

Publicidade
A vendima 2016 en imaxes

Vendimando no Pazo de Arretén, en Padrón, na DO Rías Baixas. Con este albariño elaborarase o recoñecido vermú San Petroni

Estamos en plena vendima nas cinco denominacións de orixe galegas (Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei) e no resto de viñedos que están fóra das DO. Este ano prevese unha colleita inferior á do ano pasado, entre un 20 e un 30% dependendo da DO e da subzona, pero de gran calidade debido ao tempo seco e solleiro do verán e ás últimas choivas destas pasadas semanas.

A vendima é un tempo de traballo en común pero tamén de celebración da colleita e de esperanza do viño novo que nuns meses virá a revelarse como unha anada única e irrepetible.

Velaquí unha galería de imaxes da vendima 2016 que se está a realizar estes días en Galicia:

Vendima en Rías Baixas, no Pazo de Arretén, en Padrón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información