54 adegas galegas recibirán 3,1 millóns de axudas do Programa de Apoio ao Sector Vitivinícola Español

Publicidade
54 adegas galegas recibirán 3,1 millóns de axudas do Programa de Apoio ao Sector Vitivinícola Español

As axudas aprobadas esta semana son para a adquisición de bens inmobles

Un total de 54 adegas galegas vanse beneficiar das axudas entre os anos 2019 e 2023 para investimentos dentro do programa de apoio ao sector vitivinícola español, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga). Recibirán achegas por importe de 3,1 millóns de euros para un investimento total que se sitúa nos 10,5 millóns.

Así se aprobou na última xuntanza da Conferencia Sectorial e Consello Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios celebrado esta semana na sede do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, en Madrid.

O Programa de Apoio ao sector vitivinícola español para o período 2019-2023 ten un orzamento de máis de 1.000 millóns de euros, cun presuposto anual de 210,3 millóns de euros para todo o Estado, e con medidas, como axudas para a promoción do viño en terceiros países, reestruturación e reconversión de viñedos ou destilación de subprodutos.

En canto á restruturación de viñedos, o Goberno español márcase o obxectivo de reestructuruar unhas 100.000 hectáreas de viñedo. Deste xeito, o orzamento anual de 210,3 millóns de euros distribúese deste xeito:72,5 millóns de euros para reestructuración e reconversión de viñedos; 56 millóns de euros para investimentos; 50 millóns de euros para promoción nos mercados de países terceiros e 31,8 millóns para destilación de subproductos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información