A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Zoetis compra Smartbow, o novo dispositivo de monitorización de vacas leiteiras

Zoetis compra Smartbow, o novo dispositivo de monitorización de vacas leiteiras

A empresa líder mundial en saúde animal, Zoetis, na súa aposta pola innovación no coidado integral (“Continuum of Care”), desde a predición, pasando pola detección e prevención, até o tratamento, anunciou a adquisición da empresa Smartbow GmbH, e a comercialización do seu dispositivo de monitorización de vacas leiteiras, Smartbow, enfocado á gandaría de precisión.

“Con este dispositivo o gandeiro estará en disposición de mellorar a produtividade do seu gando, xa que Smartbow proporciona unha información fiable sobre a saúde do animal que permite ao veterinario un tratamento individualizado e preciso”, salientan desde Zoetis.

Smartbow integra o uso de identificación por radiofrecuencia e análise de datos para habilitar as tres funcionalidades que facilitan o control da localización do gando na granxa, a detección dos celos, así como o seu comportamento de ruminación, todo iso en tempo real. Como resultado, os datos xerados polo sistema poden empregarse da mesma maneira para mellorar os parámetros reprodutivos de cada vaca, así como identificar aos animais con problemas de saúde de maneira precoz.

“Coa tecnoloxía Smartbow, Zoetis aposta pola gandaría sustentable e de precisión”

En palabras de Francisco Fueyo, director da Unidade de Ruminantes e Equino de Zoetis España, “coa tecnoloxía Smartbow, Zoetis aposta pola gandaría sustentable e de precisión, que permite ao veterinario actuar de forma precoz e de modo individualizado, sumándose á corrente de prevención e Uso Responsable de Antibioticos, a cal se está convertendo nun criterio moi importante de actuación da saúde animal”.

Unha innovadora ferramenta en mans do gandeiro e do veterinario que facilita os tratamentos individualizados de maneira precoz e que mellora o benestar animal e a calidade de vida dos produtores.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información