A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Zoetis completa a adquisición de Abaxis, líder global en instrumentos de diagnóstico en clínica veterinaria

Unha vez aprobada, o pasado día 31 de xullo, a transacción por parte dos accionistas de Abaxis, Zoetis anunciou a finalización da adquisición desta compañía líder no desenvolvemento, fabricación e comercialización de instrumentos de diagnóstico para servizos veterinarios, por un valor próximo aos 2.000 millóns de dólares.

A adquisición potencia a presenza de Zoetis na área de diagnóstico veterinario, unha categoría da industria da saúde animal con aproximadamente un 10% de crecemento anual no últimos tres anos.

Segundo explica Juan Ramón Alaix, CEO de Zoetis, “Abaxis, coa súa gama de instrumentos de diagnóstico VetScan®, ofrece unha plataforma sólida e competitiva para o noso crecemento na área de diagnóstico. Ao aproveitar a nosa escala global e as relacións directas que mantemos cos clientes en aproximadamente 45 países, podemos contribuír a que Abaxis acelere ese crecemento en Estados Unidos e en todo o mundo. Xuntos, estamos en mellor disposición de brindar aos veterinarios de todo o mundo soluciones integrais para predicir, previr, detectar e tratar enfermidades en animais”.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información