vizura_basf_millo

Vizura®: Máis capacidade fertilizante do xurro e menos impacto ambiental

Vizura® é un produto de BASF que mellora a capacidade fertilizante do xurro, reducindo o gasto en abonos químicos, á vez que reduce o impacto ambiental. Explicamos como funciona...

O xurro é un fertilizante que se usa grazas a que teen un alto contido de nitróxeno en forma de amonio. Pero parte deste amonio pérdese de modo que menos dun 50% do nitróxeno está dispoñible para o cultivo.

Neste sentido, Vizura® estabiliza o nitróxeno inhibindo a actividade das nitrosomonas, unhas bacterias presentes no chan, que son as que se encargan de converter o amonio a nitrito e nitrato, que son os compostos de nitróxeno que se perden no medioambiente por volatilización en forma de gases de efecto invernadoiro e por lixiviación ás augas subterráneas.

A parte dos prexuízos ambientais debido ao lavado e acumulación de nitratos nas augas subterránea polo lavado ou polo emitido á atmosfera, estas perdas de nitróxeno provocan uns prexuízos económicos, xa que a baixa eficiencia do nitróxeno achegado leva unha perda de potencial produtivo do cultivo.

Grazas a Vizura® o xurro pódese utilizar como fertilizante dunha maneira máis eficiente e rendible axudando a protexer o medio ambiente xa que o nitróxeno queda a disposición do cultivo por un período de tempo máis longo.

Beneficios

Con Vizura® o nitróxeno achegado co xurro no abonado de fondo mantense retido no solo durante semanas, permitindo que o cultivo o aproveite a medida que se desenvolve.

Ademais do aforro de insumos que supón non ter que aplicar un fertilizante mineral, Vizura® xera un incremento de entre o 5 e o 7% da materia seca producida respecto dun xurro sen tratar con este produto.

Gandaría La Corona, exemplo de eficiencia dos recursos dispoñibles

Gandaría La Corona, situada no termo municipal de Gozón (Asturias), é unha empresa familiar que conta actualmente con preto de 500 vacas frisoas e máis de 200 hectáreas de cultivo , das que 75 destínanas ao cultivo de millo para ensilar, e 30 hectáreas de raygrass. O resto son pastos permanentes, tamén de gran utilidade para esta cabana gandeira.

Unha das características que definen a esta explotación é a súa capacidade de autosuficiencia; é dicir, que son capaces de pechar o ciclo, alimentando ao gando coas colleitas das súas propias parcelas e non dependendo de ningunha empresa externa para a xestión dos cultivos.

Emilio Fernández, responsable da explotación xunto cos seus dous irmáns está convencido de que as boas prácticas agrícolas son fundamentais para conseguir uns bos rendementos de millo picado. Consegue unhas medias de 53 t/ha, facendo os labores no seu momento, controlando as doses e datas de sementeira, con variedades adaptadas á produción de forraxe e cun abonado adecuado aos grandes requirimentos que ten o cultivo de millo nestas terras.

 En Gandaría La Corona empregan Vizura® e logran unhas medias de 53 toneladas de millo por hectárea

Neste sentido, realiza todos os anos un abonado orgánico cos xurros que recolle das naves do seu gando. Estes xurros lévaos a unha gran fosa (de 2,5 millóns de litros) onde os acumula para aplicalos posteriormente nas súas parcelas de cultivo. É na mesma fosa na que aplica Vizura®, a razón de 3 litros por cada 65.000 litros de xurro (que é a cantidade de xurro que despois aplica nas súas parcelas de millo por hectárea).

Emilio considera moi reducida o investimento que lle supón Vizura® fronte aos beneficios que este produto lle achega: fixar o nitróxeno ao solo de maneira que os seus cultivos sexan capaces de aproveitalo no momento no que realmente o necesitan.

A dose recomendada de Vizura® é de 2-3l/ha segundo a tecnoloxía coa que se aplique o xurro, e pode usarse en todos os cultivos en que se aplique xurro, e en calquera época do ano.

Antes de aplicar xurro é recomendable realizar unha analítica de solo e do xurro para coñecer a concentración de N, P e K de ambos, e facer un plan de fertilización orgánica para ver se só co xurro dispoñible é posible satisfacer as necesidades do cultivo.

Máis información:

[email protected]

Teléfono 607 51 71 60