A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Queda pouco para a conferencia anual internacional de agrogandería de Alltech

Queda pouco para a conferencia anual internacional de agrogandería de Alltech

Unha idea, dunha soa persoa, pode alterar o statu quo existente para crear oportunidades “ou dificultades” para outros moitos. ¿Será a agricultura protagonista da disrupción e creará oportunidades? ¿Ou amosarase reticente a ela?

ONE: A conferencia de ideas de Alltech (ONE17) servirá de inspiración a gandeiros, agricultores, provedores e persoas influentes de todos os segmentos e especies do sector para dar renda solta á disrupción e prepararse para aproveitar todo o seu potencial ou arriscarse a volverse irrelevante.

ONE17, que se celebrará do 21 ao 24 de maio en Lexington (Kentucky, EE. UU.), promete ser unha experiencia chea de ideas, innovacións e solucións para a industria agrícola. A conferencia anual internacional, que chega á súa 34ª edición, acollerá a máis de 3000 participantes de máis de 70 países.

“O noso obxectivo é axudar aos actores da industria para poñer en acción as súas ideas”, destacou o Dr. Pearse Lyons, fundador e presidente de Alltech. “Se queres poñer en marcha a túa visión, adquirir unha perspectiva máis global e conectar coas mentes máis innovadoras da agricultura, ONE17 é o lugar ao que acudir”.

Con temáticas que abranguerán desde a crecente economía global, os cambios nas tendencias dos consumidores ou o fluxo constante de novas tecnoloxías, ONE17 será o escenario perfecto para debater sobre o futuro da produción alimentaria.

As sesións xerais, da man de destacados relatores, buscan ser unha fonte de inspiración de solucións e innovación, mentres que as sesións de temática específica ou centradas nunha especie brindarán aos produtores a oportunidade de aprender e debater sobre aspectos concretos do seu campo de actividade. As sesións de debate sobre cultivos, vacún de carne, vacún leiteiro, porcino, avicultura e acuicultura -así como as sesións temáticas de economía, aspectos alimentarios e mercados emerxentes- serán a ocasión perfecta para abrazar a disrupción desde todos os prismas da agroganadería na conferencia ONE17.

“A finalidade de ONE é animarnos, empoderarnos e, máis importante aínda, estimularnos”, sinalou o Dr. Lyons. “Queremos que a xente se marche co convencemento de que formaron parte dunha experiencia transformadora para a industria e que sintan que, de volta a casa, poden aproveitar todo ese poder para implementar solucións”.

Tal e como afirmou “Kentucky Living magazine” con ocasión da conferencia ONE16, “Vas coa certeza de que todo é posible, de que con compromiso, traballo en equipo, liderado e visión, a túa idea (unha idea!) pode cambiar o mundo”.

ONE: A conferencia de ideas de Alltech (ONE17), que se celebrará do 21 ao 24 de maio en Lexington (Kentucky, EE. UU.), promete ser unha experiencia repleta de ideas, innovacións e solucións para a industria agrícola. A conferencia anual internacional, que chega á súa 34ª edición, acollerá a máis de 3000 participantes de máis de 70 países.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información