A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Promoción especial de produtos de hixiene gandeira

A cooperativa Delagro lanza unha promoción especial pola compra de produtos de hixiene gandeira da súa Gama Excellence. Esta promoción estará vixente desde o 15 deste mes ata o 15 de maio e ofrecerá como regalo deterxentes Xermicop pola compra de calquera dos produtos da gama, todos eles pensados para unha unha desinfección eficaz e o coidado da pel do ubre e cunha calidade avalada por miles de gandarías de vacún de leite.

En concreto, pola compra dun mínimo de 40 quilogramos de produtos da Gama Excellence (Iodocop Extra, Predip, Naturcop, Lactafilm e Cremadip), Delagro regala ao cliente 24 quilogramos de deterxente Xermicop (10-D ou Plus).

O pedido pode ser dunha ou de varias referencias en promoción: por exemplo de 2 bombonas de 20 Kg. ou 4 bombonas de 10 Kg.

Se a compra é maior tamén o é o agasallo. Así, por unha compra dun mínimo de 100 quilos de produtos da Gama Excellente, Delagro regala 72 quilos de deterxente Xermicop, e se a compra é de 180 quilos ou máis, o agasallo sobe a 120 quilos.

Pode consultar nesta ligazón a listaxe de puntos de venda dos produtos da Gama Excellente de Delagro:

http://www.delagro.org/entidades/cooperativas-socias

Para máis información pregunte na súa cooperativa.

DELAGRO_promocion_deterxentes_cartaz

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información