A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Programa integral de Blue Heron para o control das enfermidades da madeira en viñedo

Publicidade
Programa integral de Blue Heron para o control das enfermidades da madeira en viñedo

A empresa especializada en I+d agro, Blue Heron PBD, sl., propón un programa integral para o control de esca e doutras enfermidades da madeira en viñedo.

En España, as patoloxías máis preocupantes que afectan á vide na actualidade son as enfermidades vasculares da madeira. Ademais, as condicións climatolóxicas que se están a dar durante a presente campaña en Galicia, cunha primavera marcada polas choivas e un verán con elevadas temperaturas, favorecen o desenvolvemento destas enfermidades, que afectan tanto a plantacións adultas como ás novas.

Neste sentido, existe unha gran diversidade de especies patóxenas fúnxicas e bacterianas entre os axentes causais das principais enfermidades da madeira, causando todos eles unha sintomatoloxía común que consiste nunha alteración estrutural e colapsos internos na madeira, o que impide a correcta vascularización e circulación da seiva polo interior da planta.

Como consecuencia, as plantas mostran menor vigor e desenvolvemento, ausencia ou atraso da brotación, acortamento de entrenós, clorose e necrose en folla, o que provoca un esmorecemento xeral da planta que pode chegar a acabar coa morte da vide.

A primavera é o momento óptimo para iniciar os tratamentos contra a esca

Precisamente, unha das principais enfermidades da madeira que máis afectan á vide é a Esca. Trátase dunha patoloxía producida por un complexo fúnxico representado por varias especies presentes nunha mesma planta. Os principais fungos que causan esta enfermidade son: Stereum hirsutum, Phaeomoniella chlamydospora, Cylindrocarpon sp., Botryosphaeria obtusa e Fomitiporia punctata.

As hifas destes fungos penetran directamente na madeira da vide a través de lesións que se producen pola poda e a través das feridas nas raíces, e invaden progresivamente os vasos do xilema. Durante a primavera, debido á intensa circulación de auga pola cepa, facilítase o seu avance pola difusión de certas encimas. Ademais, as elevadas temperaturas que acontecen durante os meses de verán, favorecen un colapso vexetativo debido ás enfermidades da madeira e en especial ás producidas polo complexo fúnxico Esca, sendo estes períodos os óptimos para a realización dos tratamentos.

Kryptonite® e Máximo®, dous novos produtos contra as enfermidades da madeira

O equipo científico de Blue Heron desenvolveu un programa fitosanitario e nutricional, baseado nunha serie de produtos, cuxas aplicacións secuenciais contribúen en gran medida a previr e minimizar os danos producidos por este tipo de enfermidades.

Neste programa, interveñen: Máximo®, composto por un complexo cúprico con aminoácidos e ácidos orgánicos procedentes de extractos de algas, con acción vascularizante, desinfectante e cicatrizante.

Vide con parte xa necrosada pola esca

Vide con parte xa necrosada pola esca

Desta forma, este produto desobstrúe os vasos parcialmente infectados e limita o desenvolvemento dos axentes patóxenos grazas á súa capacidade dobremente sistémica, ademais de previr a propagación da enfermidade ao ser aplicado sobre feridas e cortes de poda que son unha das principais vías de entrada dos patóxenos causantes das enfermidades da madeira.

A súa acción sinérxica vese poderosamente reforzada por Kryptonite®, unha solución nano-coloidal a base de micro-péptidos AMP´s de orixe vexetal e con efecto activador do sistema de defensa das plantas, favorecendo desta maneira unha resposta natural ante o ataque de axentes patóxenos.

Os tratamentos aplícanse durante a primavera ao comezo da brotación, callado (caída de capuchón) e no engorde ou envero dos bagos e terminan cun último pase tras a vendima coa finalidade de reducir o inóculo.

Nos casos máis graves recoméndase a aplicación localizada dos produtos a altas concentracións mediante pintado con brocha das zonas afectadas, do tronco, coroa, e feridas de poda e de recolección ou naqueles casos onde a afectación sexa tan grave que sexa necesario realizar limpeza de tronco, consistente na eliminación das zonas podrecidas da cepa.

Dada a intensidade e rapidez coa que afectan as cepas estes organismos patóxenos e á súa elevada complexidade no seu control, recoméndanse tratamentos continuados durante polo menos 2 ou 3 campañas.

Coa experiencia recollida durante varios anos, froito da colaboración de adegas de recoñecido prestixio, os resultados obtidos foron realmente alentadores e dignos de ter en conta, confirmando a eficacia dos nosos programas a base de solucións naturais, e recoñecidas para o seu emprego en Agricultura Ecolóxica.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información