A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Paella popular de Sipcam Iberia e Terraglass en Ribadumia

Máis de 400 persoas participaron no evento, que se desenvolve desde fai catro anos

Paella popular de Sipcam Iberia e Terraglass en Ribadumia

A carballeira de Ribadumia acolleu un ano máis a tradicional paella popular que organizan Sipcam Iberia e o seu distribuidor Terraglass. Máis de 400 persoas, entre viticultores, adegas e clientes, participaron no evento, que contou cunha paella elaborada por Galbis -restaurador da Ribera Alta valenciana especializado en paellas xigantes-, acompañada por albariño de Rías Baixas.

Entrega dun bono viaxe de 400 euros á gañadora do sorteo.

Entrega dun bono viaxe de 400 euros á gañadora do sorteo.

O evento aproveitouse para proxectar en pantalla xigante vídeos divulgativos da oferta de Sipcam para a viticultura. A empresa de fitosanitarios lanzou recentemente Araw, un novo antibotrítico e antioídio sen residuos e baixo prazo de seguridade. Tamén presentou en Ribadumia a súa nova gama de bioestimulantes Stilo. As proxeccións completáronse cun vídeo corporativo da planta de formulación de Sipcam en Sueca (Valencia), situada na contorna do Parque Natural da Albufera.

A paella popular celebrada en Ribadumia, que contou coa asistencia dos equipos de Sipcam Iberia e Terraglass, finalizou cun sorteo entre todos os asistentes dun bono regalo de 400 euros de Viaxes Ecla. A agraciada recibiu un agasallo simbólico ao termo da xornada, o 24 de xuño, e o pasado mércores 28 desprazouse ás instalacións de Terraglass, en Cambados, para recibir a tarxeta regalo real da man do delegado comercial de Sipcam, Marcos Expósito, e de Carlos Lorenzo, de Terraglass.

Comida popular de Sipcam e Terraglass na carballeira de Ribadumia.

Comida popular de Sipcam e Terraglass na carballeira de Ribadumia.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información