A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

O anuncio de Ratibrom, un clásico da publicidade en Galicia que cumpre 20 anos

A empresa galega Impex Europa, líder en España en venda de raticidas, empezou a emitir este mes o spot de Ratibrom, celebrando os 20 anos deste tradicional spot publicitario

O anuncio de Ratibrom, un clásico da publicidade en Galicia que cumpre 20 anos

“Ratibrom mata o rato cabrón”, “Con Ratibrom, nin rata nin rato”, “E deixa que coman….”, son frases que xa forman parte da cultura popular galega grazas aos anuncios de Impex Europa, unha empresa galega con sede en Vilagarcía de Arousa, que é líder en raticidas en España e Portugal con Ratibrom, o seu produto máis recoñecido.

E como cada ano por estas datas, a empresa con sede en Vilagarcía de Arousa comezou a emitir o seu tradicional spot publicitario na Televisión de Galicia, desta volta conmemorando os 20 anos desta orixinal campaña publicitaria.
Para elo, faise un repaso polos spots televisivos de Ratibrom dos anos 2003, 2007, 2014 e 2016, anuncios todos eles interpretados polo actor galego Alfonso Agra.

A celebración dos 20 anos do anuncio de Ratibrom tamén foi lembrada esta semana no programa de máxima audiencia Land Rober Tunai Show da Tvg, onde Roberto Vilar, o seu presentador, inaugurou o comezo de campaña louvando as propiedades do raticida: (Minuto 41)

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/cos-protagonistas-de-viradeira-e-pepe-o-do-seme 

Un clásico das pantallas galegas dende o ano 1997

O primeiro spot televisivo de Ratibrom gravouse no ano 1997, co actor “Tucho” Lagares como protagonista. Ao longo destas dez edicións tamén contou con outros intérpretes, como o actor e presentador Tacho González e dende o ano 2003 está protagonizado por Alfonso Agra.

Podes ver aquí os anuncios de Ratibrom 2017.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información