A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“Non se debería aforrar en lactoremprazantes para as becerras”

Entrevista a Thijs Otten,  Director de Vendas da liña de produtos para crías do grupo holandés Schils, fabricante dos leites maternizados Tató, que comercializa en España a cooperativa Delagro.

“Non se debería aforrar en lactoremprazantes para as becerras”

Thijs Otten,  Director de Vendas da liña de produtos para crías do grupo holandés Schils, fabricante dos leites maternizados Tató,

Thijs Otten é Director de Vendas da liña de produtos para crías en España e outros países do grupo Schils, multinacional holandesa que é o maior fabricante do mundo de leites maternizados para alimentación animal.

Os seus leites maternizados da marca Tató son distribuídos en España pola cooperativa Delagro. No mes de decembro estivo en Galicia impartindo formación e visitando varias gandarías. Falamos con el sobre a importancia de elixir un bo lactoremplazante.

¿En que aspectos recomendaría a un gandeiro que se fixase á hora de elixir un lactoremplazante?
É moi importante á hora de elixir un lactoremplazante fixarse nos ingredientes e na súa calidade, pero tamén que a empresa que os fabrica sexa especialista para lograr un resultado óptimo.

Ademais, debemos ter en conta un terceiro factor determinante: o manexo que se fai do leite cando alimentamos ás tenreiras. É dicir, que reciban un bo encostrado, que estean cómodas e enxoitas nas casetas e realizar unha correcta mestura do leite maternizado coa auga e darllo á temperatura correcta e nas doses indicadas, así como cumprir uns protocolos de hixiene.

Ademais, nos nosos lactoreemprazantes, como Tató, que comercializamos en España a través de Delagro, contamos cun avanzado sistema de mestura spray que permite que tanto a graxa como a proteína estean dispoñibles nas mellores condicións para ser dixeridas pola tenreira.

 “É clave que os ingredientes sexan de orixe lácteo, pois a dixestibilidade é do 90%”

¿Por que é tan importante diferenciar nun leite maternizado se a proteína é de orixe vexetal ou animal?
Como no resto de mamíferos, as mellores proteínas para ser dixeridas e asimiladas por unha tenreira son as de orixe lácteo, posto que teñen unha dixestibilidade de ata o 90%. Por iso, os nosos leites Tató contan cunha alta porcentaxe de ingredientes de produtos lácteos. Pola contra, a proteína de soia, máis barata, ten unha dixestibilidade máis baixa para os becerros e iso tradúcese en menor crecemento e ganancias de peso máis baixas.

É moi importante que no leite que tomen as xatas a porcentaxe de proteína sexa alta e que esta sexa altamente dixerible. Está comprobado que os primeiros 40 días de vida da tenreira son clave e determinan o leite que poida producir como vaca adulta e o seu estado sanitario.

Por tanto, non hai que aforrar á hora de alimentar ás nosas becerras porque realmente é un investimento de futuro. Temos que darlles suficiente leite e fixarnos na súa calidade, elixindo lactoremprazantes como Tató Premium ou Tató Elite.

¿Cal sería a súa recomendación sobre a cantidade de leite que é necesario darlles ás tenreiras?
Recomendaría na primeira semana 4 litros en dúas tomas ao día. Ata a terceira semana incrementar a cantidade lentamente, ata os 7 litros ao día (1 kg de Tató ao día). A partir da semana 8, ou cando nos aseguremos que os becerros consomen un mínimo de 1.5 kg de penso ao día, pódese empezar co destete. Este proceso deberá prolongarse unhas 3 semanas, para dar tempo aos tenreiros a que aumenten a inxesta de comida e evitar unha caída no crecemento.

¿Que características de Tató fan que sexa recomendadp como un dos mellores do mercado?
Schils é o maior fabricante de lactoremprazantes do mundo. Pero ademais, criamos ao redor de 1 millón de becerros propios ao ano nas nosas propias granxas, o que nos permite ter unha experiencia directa e mellorar continuamente.

Ademais da nosa técnica spray, que mellora a dixestibilidade nas primeiras fases de lactación, destacaría que seleccionamos os ingredientes de mellor calidade das gandarías máis grandes de Europa, e cunhas esixentes condicións de calidades e de garantías sanitarias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *