A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Mouriscade celebra o X aniversario do seu convenio con LG

O Laboratorio xeralizou este ano a plantación de millo ‘Starcover’ nos seus campos de ensaio, o que visualmente se plasmou en plantas máis altas e vigorosas

Mouriscade celebra o X aniversario do seu convenio con LG

Visita de gandeiros ós campos de ensaio do Laboratorio de Mouriscade.

A firma de sementes LG congregou no Laboratorio de Mouriscade (Lalín, Pontevedra) a máis de medio cento de gandeiros que acudiron a coñecer os campos de ensaio que xestiona o Laboratorio con distintas variedades da marca. O acto aproveitouse para celebrar o décimo aniversario do convenio de colaboración entre LG e o Laboratorio.

A directora do centro, María Hermida, explicoulle ós asistentes a planificación de traballo que seguiu este ano o Laboratorio: “O 70% das variedades que sementamos foron ‘Starcover’ -unha tecnoloxía que favorece un maior desenvolvemento das raíces-. En comparación con anos anteriores, comprobamos que en parcelas malas, como ‘Santomé’ -ubicada nas inmediacións do centro-, as plantas medraban con máis vigor e altura. De cara ó próximo ano, esperamos aumentar o uso deste tipo de sementes”, subliñou.

Mouriscade lg estandar

O Laboratorio, que está testando diferentes variedades LG, fará ensilados por separado para valorar as diferenzas que se producen na produción das vacas. “Este é un Laboratorio eminentemente práctico. Nos ensaios que facemos, buscamos chegar a conclusións útiles para as granxas”, sinalou María Hermida.

A directora do centro destacou tamén que este ano volverán a ensilar coa tecnoloxía de picado Shredlage (Claas). “É unha tecnoloxía que se debería xeneralizar en Galicia nos próximos anos, pois con este picado logramos un bo desfibrado do millo e cando o examinamos, o gran queda desestruturado por completo, non hai ningún gran enteiro”, asegura. “Este ano faremos un picado a 26 milímetros para valorar como funciona. É un picado longo, pero a clave do Shredlage non é facer o picado longo, pois ao laboratorio chégannos mostras de picado longo nas que os grans quedan enteiros. A clave é o desfribrado e a rotura dos grans”, advertiu María Hermida.

Tralas explicacións técnicas, os gandeiros tiveron ocasión de visitar os campos de ensaio con distintas variedades LG, nas que os técnicos da marca explicaron as características e resultados de cada variedade. Tamén participou no evento Michelín, que ten un acordo de colaboración con LG, para promover neumáticos coa tecnoloxía Ultraflex, que presenta menores presións e reduce a compactación das fincas. Este tecnoloxía de neumáticos tamén permite un acceso máis fácil a terreos húmedos, segundo sinalan desde Michelín.

Asistentes á xornada en Mouriscade.

Asistentes á xornada en Mouriscade.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información