brody estandar 2

Impex Europa relanza Brody, un raticida complementario ó popular ‘Ratibrom’

A nova liña de produto caracterízase pola súa eficacia, pois o roedor pode inxerir unha dose letal nun único día

A firma galega Impex Europa, fabricante do popular ‘Ratibrom’, vén de relanzar unha línea de raticidas a base de brodifacoum, o principio máis activo que se coñece de entre os anticoagulantes derivados da cumarina. A liña de produto, denominada ‘Brody’, é de tal eficacia que un roedor pode inxerir unha dose letal do brodifacoum nun único día.

“Con outros raticidas, como pode ser o caso do ‘Ratibrom’, buscamos que o roedor se confíe e inxira o produto despreocupadamente, polo que tarda algo máis en facer efecto. O ‘Brody’, en cambio, ten un efecto máis inmediato”, explican desde Impex Europa.

Tralos últimos cambios realizados por Sanidad na normativa sobre porcentaxes de materia activa nos raticidas, Impex lanzou nos últimos meses ó mercado unha completa gama de Brody, que se pode atopar en cebo fresco, cereais, bloque ou mini óvulo de parafina. Con estas presentacións, a firma galega trata de ofrecer distintas solucións adaptadas ás necesidades dos consumidores.