A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

ICL acode a Asturforesta cos seus abonos Agroblen e Agromaster

ICL acode a Asturforesta cos seus abonos Agroblen e Agromaster

Stand de ICL na pasada edición de Asturforesta.

A firma ICL Specialty Fertilizers vai participar na nova edición da Feira Internacional Forestal Asturforesta 2019, que se celebrará os días 20, 21 e 22 de xuño no Monte Armayán, en Tineo (Asturias). Como en edicións anteriores, ICL será unha das empresas destacadas coas súas solucións para fertilización forestal, segmento no que é líder cos fertilizantes de liberación controlada Agroblen e Agromaster.

Este ano celébrase xa a XII Edición de Asturforesta, que emprende unha nova andaina coa garantía da súa madurez, froito do éxito das anteriores edicións, nas que o certame se demostrou capaz de reunir gran oferta de maquinaria de última xeración e profesionais do sector en condicións reais de traballo.

No marco de Asturforesta, ICL aproveitará para recibir aos seus clientes e ofrecerlle toda a información necesaria aos visitantes profesionais sobre como elaborar un bo programa de fertilización en cultivos forestais. Así, Agroblen está recomendado para a nutrición na plantación de eucaliptos, ofrecendo un desenvolvemento perfecto das árbores. Agroblen tamén conta con diferentes formulacións para castiñeiro, piñeiro e outros cultivos.

Pola súa banda, Agromaster recoméndase para o abonado das árbores ao segundo ou terceiro ano da súa plantación para potenciar o seu bo desenvolvemento.

Se desexa concertar unha cita con ICL en Asturforesta, clique aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *