A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Foliveex Millo: fitonutriente para un mellor desenvolvemento do millo forraxeiro

Foliveex Millo: fitonutriente para un mellor desenvolvemento do millo forraxeiro

Foliveex Millo: fitonutriente para un mellor desenvolvemento do millo forraxeiro

A multinacional española Sapec Agro presenta este ano Foliveex Millo, un abono foliar líquido especialmente deseñado para mellorar o desenvolvemento do millo forraxeiro nas súas primeiras etapas.

Foliveex Millo é un fitonutriente cunha composición completa e equilibrada cuxa aplicación  en millo cobre as principais carencias nutricionais que poida haber no solo da parcela. Desta forma achega:

-Subministración de aminoácidos, especialmente Glutámico.

-Subministración inmediata dos principais nutrientes.

-Mellora do crecemento vexetativo do millo polo seu alto contido en nitróxeno.

-Efecto paliativo das posibles carencias latentes, debido ao seu contido en micronutrientes.

-Mellora da asimilación e rápida utilización dos macro e micronutrientes polo millo grazas á achega de aminoácidos. 

A formulación é 12-6-4 con aminoácidos e microelementos. Así, xunto a aminoácidos libres e nitróxeno en diversas formas químicas, o seu contido inclúe fósforo, potasio e micronutrientes como boro, cobre, ferro, manganeso ou zinc.

Foliveex Millo aplícase mediante pulverización foliar a unha dose recomendada de entre
o 0,25 % ao 0,40 % (250-400 mL en 100 litros de auga). Comercialízase en garrafas de 5 litros.

Ademais, este fitonutriente pódese mesturar cos herbicidas, funxicidas e insecticidas habituais.

Entre outros distribuidores, Foliveex pódese adquirir a través da rede de establecementos da cooperativa Delagro.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información