A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Fima, a principal feira de maquinaria agrícola, ultima a súa edición máis numerosa

A Feria de Zaragoza, organizadora do certame, prevé a participación de preto de 1.500 marcas, que contarán cunha superficie expositiva que superará os 160.000 metros cadrados

Fima, a principal feira de maquinaria agrícola, ultima a súa edición máis numerosa

Imaxa da anterior edición de Fima.

Fima, a feira de maquinaria agrícola de referencia en España e no sur de Europa, ultima a súa próxima edición, que se celebrará do 20 ó 24 de febreiro. A Feria de Zaragoza, organizadora do certame, prevé que esta sexa a edición máis numerosa de Fima, con preto de 1.500 marcas e 160.000 metros cadrados de exposición. O Comité Organizador da feira, presidido por Jaime Hernani, destaca que Fima continúa a medrar edición tras edición, superando este ano nun 7% a superficie expositora do 2016.

O certame está consolidado como o principal escaparate das últimas tendencias e innovacións en maquinaria agrícola, atraendo a agricultores e gandeiros de toda a península. A Feria de Zaragoza creou para esta edición dúas aplicacións móbiles (App), tanto para Android como para iOS, a fin de facilitarlle ós visitantes toda a información útil do certame (planos dos pabellóns, listado das empresas e ubicacións, como chegar, autobuses, etc.).

Outro dos servizos que habilitou Fima é unha bolsa de traballo online, na que se poden inscribir os profesionais do sector en busca de traballo. A bolsa de traballo está a disposición das empresas participantes en Fima, de cara a localizar perfís que poidan ser do seu interese. Fima está a ultimar tamén as xornadas técnicas do sector, que complementan á parte expositiva e comercial de maquinaria.

Concurso de novidades técnicas
O Comité Organizador de Fima xa fallou o concurso de novidades técnicas do certame, que premia un total de 26 innovacións de 35 empresas. Como novidades técnicas sobresaíntes premiouse na categoría de tractores e máquinas autopropulsadas o enganche rápido de toma de forza Quik – Nect, de John Deere; na categoría de máquinas accionadas e instalacións fixas e móbiles, unha máquina de Caffini Spa (Grasskiller Twin) para a eliminación de malas herbas só mediante o uso de auga a temperatura ambiente rociada a moi alta presión, e un sistema de Farming Agrícola de amortiguación activa das oscilacións das barras dos pulverizadores (Swing Stop Pro).

Por último na categoría de solucións de xestión agronómica, a novidade sobresaínte foi un ‘smartpulverizador’, de Pulverizadores Fede, intelixente e conectado á rede.

Pódese consultar aquí a lista completa de premiados no concurso de novidades técnicas Fima 2018.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información