COELLOS_GRANXA_standar

Evialis celebra unha xornada técnica de cunicultura o 3 de abril en Chantada

Un ano máis, Evialis ultima os preparativos da súa tradicional “Xornada Anual de Cunicultura” na que espera reunir a máis dun cento de persoas que traballan directamente neste ámbito de actividade en toda Galicia.

Trátase da IV edición dun foro que deu moitas satisfaccións á compañía polo alto grao de participación e o elevado -pero á vez práctico- nivel dos seus relatorios.

A cita este ano -cuxo prazo de inscrición está aberto- terá lugar na Finca Quinteliña da localidade lucense de Chantada, o mércores 3 de abril. Ás 10.00 horas dará comezo a xornada, que se estenderá durante toda a mañá e parte da tarde, finalizando ao redor das 18.30 horas.

O Director Comercial de Evialis Galicia, Antonio Hermida, será o encargado de inaugurar o foro, que reunirá a diferentes expertos en cunicultura para tratar ámbitos tan diversos como os resultados en granxas de coellos tras a desmedicalización de pensos, os puntos clave para a prevención fronte á mixomatose ou a coccidiose en granxas cunículas, entre outros.

Segundo destaca Hermida, “escolleuse o enclave de Chantada por ser a provincia de Lugo unha das que concentra maior número de granxas de coellos na nosa Comunidade Autónoma e pola súa ideal localización xeográfica para os numerosos asistentes que chegarán de toda Galicia”.

PROGRAMA EVIALIS CUNICULTURA 19