A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Desarrollada íntegramente dende Galicia unha nova gama de alimentación para cabalos

Desarrollada íntegramente dende Galicia unha nova gama de alimentación para cabalos

Cabalos da gandería O Porto, en Muras (Lugo)

Unha nova gama de alimentación para cabalos desenvolvida integramente desde Galicia xa está no mercado. Trátase de EQUIFOOD, unha completa gama de pensos que se caracteriza pola súa fácil accesibilidade a través dunha óptima relación calidade-prezo, o seu gran palatabilidade e unha alta dixestibilidade.

A gama EQUIFOOD, fabricada e comercializada por EVIALIS S.A (con sede no polígono do Espírito Santo, en Sada) preséntase con cinco liñas de produto que se singularizan por adaptarse ás necesidades de alimentación dos diversos tipos de equinos. Estas distintas formulacións reciben os nomes comerciais de Horse Basic, Royal Menú, Paso, Trote e Galope.

“Estamos orgullosos de presentar unha ampla gama de granulados, mesturas e mueslis para todo tipo de cabalos de lecer, competición, adestramento ou cría- tendo en conta que o equino é un hervíboro non rumiante que se alimenta de pastos ou forraxes e que o seu sistema dixestivo é moi peculiar, xa que combina un estómago de reducidas dimensións, comparado co total do seu aparello dixestivo, cun desenvolvido intestino groso”, sostén Antonio Hermida, director comercial de EVIALIS.

“Os nosos pensos usan soamente ingredientes de alta calidade, 100% naturais e de orixe vexetal que, como todas as materias primas que entran na nosa fábrica, son testadas individualmente polo noso laboratorio propio”, engade Hermida.

Neste sentido, “esta gama de produtos ten como obxectivo fundamental ofrecer unha alimentación perfectamente adaptada e adecuada para o cabalo, que cubra todas as etapas de crecemento e desenvolvemento da súa vida”.

Estritos parámetros de calidade

Todas as materias primas empregadas na elaboración dos pensos de EVIALIS son rutinariamente analizadas polo equipo de laboratorio propio da firma, co fin de asegurar a máxima fiabilidade nutricional na formulación de cada produto. Ademais de contar con laboratorio propio, EVIALIS traballa cunha serie de laboratorios acreditados para ofrecer as mellores garantías aos seus clientes.

“EQUIFOOD prodúcese e comercialízase baixo os estritos parámetros de calidade de EVIALIS, mundialmente recoñecidos, pero ofrécese a un prezo máis competitivo que a marca premium ROYAL HORSE, que leva anos comercializándose desde a nosa empresa”, asegura o director comercial da compañía.

“Na división de cabalos, en concreto, os produtos de EVIALIS están presentes en todo o mercado ibérico”, indica Antonio Hermida, quen destaca ademais que o departamento de I+D+i da compañía sempre traballa cos máis altos estándares de calidade e control para adecuar os pensos ás necesidades dos seus clientes.

Tanto a gama EQUIFOOD e a ROYAL HORSE, como outros produtos de EVIALIS poderán, moi pronto, adquirirse fácil e comodamente na tenda online que a empresa está a articular e que habilitará proximamente.

Sobre EVIALIS

EVIALIS Galicia S.A. nace o 1 de novembro de 2005, produto do cambio de razón social de Agrotecnologías S.A., empresa presente no mercado desde o ano 1976, propietaria e fabricantes das marcas UTEGA e PROXIAL, especialistas en nutrición animal.

Con 40 anos de experiencia no sector de fabricación de pensos compostos, EVIALIS forma parte da compañía multinacional francesa Neovia Group (www.neovia-group.com), presente en 28 países. Neovia intervén en Francia en seis das súas sete liñas de negocio: alimento completo, coidado de mascotas (pet care), premix/compañías de servizos, aditivos e ingredientes, laboratorio de análise e saúde animal.

O rango de produtos que EVIALIS elabora e comercializa abarca vacún de leite e de carne, avicultura, porcino, cunicultura e equinos, tanto na gama de produtos estandarizados como de mesturas e produtos personalizados. Xunto a isto, outros produtos comercializados pola empresa son leites maternizadas, suplementos, complementos minerais e pensos para mascotas.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información