A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Delagro expón os resultados dos seus primeiros ensaios de millo en Finca Mouriscade

Delagro expón os resultados dos seus primeiros ensaios de millo en Finca Mouriscade

Máis de 50 gandeiros participaron este xoves na primeira xornada sobre cultivo de millo organizada por Delagro en Finca Mouriscade. Os asistentes visitaron as distintas parcelas de ensaio nas que se analizou a evolución do cultivo, en función da variedade elixida, dos fertilizantes e dos herbicidas aplicados.

A xornada comezou cunha exposición dos resultados e posteriormente unha valoración nas parcelas experimentais do desenvolvemento das plantacións. As empresas que participaron nestes ensaios foron Limagrain Ibérica, coas súas distintas variedades de millo; Yara Iberian, que presentou os seus fertilizantes específicos para este cultivo, incidindo na importancia do selenio para o seu bo desenvolvemento; Sapec Agro, que informou das súas solucións fronte a malas herbas, explicando os resultados nas parcelas, e Dronalia, unha empresa especializada na utilización de drons para agricultura de precisión.

Esta xornada de hoxe veu precedida da celebrada este mércores e que estivo enfocada a técnicos das cooperativas socias de Delagro, e que contou con medio cento de asistentes.

O seguinte paso será o ensilado das fincas de ensaio e a análise da forraxe no laboratorio de Finca Mouriscade, centro dependente da Deputación de Pontevedra, para determinar o valor nutricional de cada parcela.

Desde Delagro agradecen a colaboración e esforzo das casas comerciais que participaron neste primeiro ensaio e, especialmente, do Laboratorio de Mouriscade para o desenvolvemento dos cultivos e das devanditas xornadas achegando as súas instalacións e parcelas experimentais.

A xornada en imaxes:

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información