A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Delagro expón o seu modelo empresarial de éxito nun congreso internacional

Delagro expón o seu modelo empresarial de éxito nun congreso internacional

Carlos Castro durante a súa intervención.

Ese xoves finalizou en Vitoria o 1º Congreso para a integración, a competitividade e o crecemento económico intelixente das cooperativas agroalimentarias do espazo SUDOE , tras dous días de debates e conferencias. Delagro interveu xunto a 7 cooperativas de España (COOPAMAN, Paturpat, Ovo 12, Valle del Jerte e Delagro), Francia (Caves de Rauzan) e Portugal (Vercoope e AGROS) presentando as súas estratexias de intercooperación e innovación.

Carlos Castro, director de Delagro, afirmou que a entidade é “un exemplo de éxito de colaboración cooperativa entre sociedades de países limítrofes, neste caso Portugal, e entre outras sociedades cooperativas españolas”. Destacou a confianza como unha das claves: “As relacións entre distintas partes teñen un gran compoñente persoal e é necesario que os actores teñamos completamente claro o destino e o camiño a percorrer”. Aconsellou, para alcanzar a excelencia, “compartir valores comúns esenciais como a calidade nos servizos e produtos e as inquietudes por buscar novos nichos de negocio”.

Directamente ligado cun dos obxectivos do congreso, a intercooperación, Castro afirmou: “É necesaria; nunha contorna cada vez máis competitiva e concentrada quen non avance nesta dirección non ten futuro”.

DELAGRO S. Coop. é unha cooperativa de segundo grao que integra cooperativas de Asturias, Cantabria e Galicia. Fortemente asentada como central de compras, conta cunha potente estrutura departamental en alimentación e produción vexetal e animal, automoción, fertilizantes, combustibles, etc., á vez que estende a súa actividade á área de asesoramento e mercadotecnia entre outras.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información