A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

De Heus Nutrición Animal adquire a fábrica de pensos compostos de Acorex

De Heus Nutrición Animal adquire a fábrica de pensos compostos de Acorex

Tras o seu desembarco en España a finais do 2015, De Heus Nutrición Animal continúa o seu plan de investimentos coa adquisición da planta de pensos compostos da Agrupación de Cooperativas de Regadío de Estremadura (Acorex). A firma holandesa espera con iso incrementar a súa presenza no sector da produción de pensos compostos e consolida a súa influencia en Estremadura.

A fábrica de Acorex conta con 19 traballadores e na actualidade posúe unha capacidade de produción de 11.000 toneladas ao mes. No seu día foi un referente na zona pola tecnoloxía punteira das súas instalacións, a cualificación da súa man de obra e a súa eficiencia enerxética.

Cos investimentos que De Heus Nutrición Animal ten previsto realizar a curto prazo, a planta volverá recuperar o seu modelo de eficiencia e modernidade do sector, e alcanzará unha capacidade produtiva de 180.000 toneladas ao ano.

Segundo Co de Heus, codirector executivo, “De Heus Nutrición Animal é unha empresa familiar que durante catro xeracións demostrou o seu liderado, compromiso e implicación cos seus clientes e socios. Unha compañía que aposta pola innovación e o progreso, moi especialmente nas súas plantas de produción de pensos compostos. Estou seguro de que a nosa experiencia e bagaxe internacional axudarannos a potenciar e levar a un novo nivel á fábrica de La Garrovilla”.

Pola súa banda, José Manuel García, director xeral de De Heus Nutrición Animal en España, subliñou que “o compromiso de De Heus co mercado español é firme e a longo prazo. O noso obxectivo é integrar a nova planta de pensos compostos mediante a aplicación sistemática dos cinco alicerces que definen a nosa compañía: calidade, rendemento, independencia, mellora continua e espírito emprendedor”.

“Ademais -apunta-,con esta adquisición afianzamos a nosa aposta polos negocios agrogandeiros dunha zona tan importante como Estremadura, preservando en todo momento o espírito empresarial independente que ata agora mantiveron”.

A fábrica de pensos de La Garrovilla convértese na undécima planta de produción que De Heus Nutrición Animal posúe en España, ademais da de Aranda de Duero (Burgos), Benavente (Zamora), Colloto (Asturias), Porriño (Pontevedra), Llerena (Badaxoz), Lugo, San Pedro de Nós (A Coruña), Silla (Valencia), Talavera de la Reina (Toledo) e Ubeda (Xaén).

Sobre De Heus

De Heus, con sede en Ede (Países Baixos), é unha empresa familiar especializada no desenvolvemento, produción e comercialización de produtos de alimentación para animais. Desde a súa fundación en 1911, a compañía creceu ata converterse nun dos principais actores da industria de pensos compostos a nivel mundial.

A finais 1990, De Heus Nutrición Animal iniciou un proceso de expansión internacional que lle levou a estar presente en máis de 50 países a través de instalacións propias en Países Baixos, Polonia, Rusia, a República Checa, Exipto, Etiopía, Sudáfrica, Brasil, Vietnam, Serbia, Portugal, España e recentemente India; de alianzas estratéxicas, como a alcanzada con Wellhope Agri-Tech Co Ltd para o mercado chinés; ou mediante a exportación dos seus produtos a diversos mercados, especialmente de Europa do Leste, África e Oriente Medio.

A compañía conta na actualidade con 4.200 empregados en todo o mundo.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información