A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Congreso Virtual de MSD Animal Health, ata este venres 23

A compañía organizou un encontro dixital con destacadas ponencias no ámbito da sanidade animal. Todos os relatorios pódense seguir en directo ou en diferido ata este venres 23

Congreso Virtual de MSD Animal Health, ata este venres 23

Congreso virtual de MSD.

A compañía MSD está a reunir esta semana a representantes do ámbito da sanidade animal nun ambicioso encontro dixital no que participan máis de 12.000 profesionais. Todas as ponencias do encontro pódense seguir en directo ou en diferido, xa que estarán abertas para consulta gratuita a calquera hora do día ata este venres 23.

O congreso contou coa inaguración o pasado luns do director xeral de MSD Animal Health de España y Portugal, Juan Carlos Castillejo, quen incidiu na vocación de MSD de innovar en produtos e servizos que contribúen á saúde e benestar dos animais.

Os responsables das catro áreas de traballo de MSD Animal Health en España, Ángel Revilla (rumiantes), Juan Ignacio Vegas (porcino), Carlos Hernández (avicultura) e Chus Pérez (animais de compaña), interviron tamén baixo un mesmo fío conductor, os catro conceptos sobre os que xira o traballo de MSD: a transformación dixital, a responsabilidade social corporativa, a prevención e o foco no cliente e no apoio ó sector.

O congreso dixital de MSD, que está avalado por un comité científico de expertos, pódese seguir en directo ou en diferido e tamén permite a interacción entre as persoas que acceden ó encontro. O evento céntrase na mediciña preventiva, ligada á innovación, e inclúe máis de 45 sesións da man de ponentes nacionais e internacionais.

Para entrar na web do congreso, é preciso rexistrarse previamente por medio dun formulario online.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información